Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4209

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014

Convenio

Data da sinatura

Importe total do convenio (€)

Contrato: programa entre a Xunta de Galicia e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para o desenvolvemento de programas de I+D+i

22.9.2014

400.000

Contrato: programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario

22.9.2014

125.900

Contrato: programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario

22.9.2014

37.750

Contrato: programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario

22.9.2014

169.100

Contrato: programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario

22.9.2014

387.250

Contrato: programa entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Español de Oceanografía (IEO) para o desenvolvemento de programas de I+D+i, nos centros oceanográficos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia

29.9.2014

50.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación para a Promoción da Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Industria da Automoción de Galicia (CTAG) para o desenvolvemento dun proxecto no ámbito da tecnoloxía HMI (interface home máquina) para funcións avanzadas de automoción

2.10.2014

1.500.000

Convenio de colaboración entre Axencia Galega de Innovación; o Instituto Galego de Promoción Económica; XesGalicia Sociedad Gestora de Entidades de Capital Riesgo, S.A.; o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo Sociedad de Capital de Riesgo de Régimen Simplificado, S.A. para o desenvolvemento da segunda edición do programa VíaVigo

17.10.2014

1.270.000

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, a Axencia Galega de Innovación, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Consello Superior de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria y Navegación de España e as cámaras de Comercio de Galicia para o desenvolvemento do programa Innocámaras 2014-2015

14.11.2014

4.163.033

Convenio de colaboración entre Gain, o Igape e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas para o desenvolvemento do proxecto de infraestruturas e equipamento para a creación dun centro de investigación aerotransportada en Rozas (Lugo)

14.11.2014

10.000.000

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía e Competitividade, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, na selección e execución do proxecto de infraestruturas científicas de instalación do superordenador Finisterrae II

5.12.2014

3.573.300