Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 4995

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado - Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado - Comunidade Autónoma de Galicia na súa reunión celebrada o día 16 de decembro de 2014 adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 5.2, alíneas h), i) e j); 6 e 30.d); a disposición adicional segunda e a transitoria terceira da Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.

2º. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 16 de decembro de 2014

Cristóbal Montoro Romero Alfonso Rueda Valenzuela
Ministro de Facenda e Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas Administracións Públicas e Xustiza