Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2015 pola que se notifica acordo de incoación de expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada por Resolución do 8 de outubro de 2001 a Conservas Castiñeiras, S.L. con destino a instalación de captación de auga de mar para utilizar en fábrica de conservas no porto de Castiñeiras.

Con data do 16 de xaneiro de 2015, o presidente de Portos de Galicia resolve autorizar a incoación do expediente de caducidade da concesión administrativa de referencia, acordándose designar como instrutor do expediente a Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para efectos do presente expediente en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, sendo o seu réxime de abstención e recusación o consignado nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente sito no lugar O Castro, s/n, en Castiñeiras-Ribeira, provincia da Coruña a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Ribeira á mercantil Conservas Castiñeiras, S.L., o presente acordo de incoación de expediente de caducidade da concesión administrativa de referencia.

O expediente incóase por falta de pagamento da totalidade das taxas relativas á concesión liquidadas desde o ano 2006 e por falta absoluta de actividade na concesión, o que determina a concorrencia das causas imperativas de caducidade previstas na condición xeral da concesión número 32ª, letras a) e b).

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións, outorgándose por estes efectos un prazo máximo de 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Ribeira.

Á marxe do que resulte da instrución do procedemento en canto a outros motivos de caducidade que poidan concorrer, o aboamento das cantidades debidas antes de ditar resolución implicará o arquivamento do expediente no que atinxe a este motivo concreto de caducidade.

O órgano competente para a resolución do expediente é o presidente da entidade pública Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 4 da Orde do 30 de marzo de 2012, da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2014

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor