Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 21 de xaneiro de 2015 pola que se notifica trámite de audiencia en relación coa tramitación de recursos de alzada interpostos contra resolucións dos servizos de infraestruturas, en materia de expropiación forzosa (expediente E/87/11 e dous máis).

As unidades dependentes da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas tramitan os recursos de alzada interpostos polas persoas que se indican, contra resolucións ditadas no seu día polos servizos de infraestruturas das actuais delegacións desta axencia nas provincias que tamén se sinalan.

Intentada a notificación persoal do trámite de audiencia ás persoas interesadas nos casos que se indican non se puido practicar, polo que, segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, son emprazadas para seren notificadas do dito trámite.

Poden examinar o expediente mediante comparecencia que se deberá efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Unha vez cumprido o prazo e realizado o trámite sinalado, tendo en conta que disporá dun prazo de dez días para formular, se é o caso, alegacións, continuarase coa tramitación do recurso como corresponda ata que se dite a correspondente resolución.

Expedientes: E/87/11, E/88/11 e E/89/11. Obra: corredor Sarria-Monforte, treito: Sarria-Noceda. Clave LU/03/007.01.1. Termo municipal do Incio. Persoa interesada: Antonio Pereira López.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas