Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 19 de xaneiro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se dá publicidade ao acordo polo que se inicia o expediente número 422 de clasificación como veciñal do monte Bustelo, Berbia e Cargadoiro, da parroquia de Entrecruces do concello de Carballo.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña na sesión do día 4 de xullo de 2014 acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte das seguintes características, segundo o informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común do 22 de outubro de 2014:

Monte: Bustelo, Berbia e Cargadoiro.

Comunidade veciñal solicitante: parroquia de Entrecruces.

Concello: Carballo.

Superficie total: 65,30 ha.

Encravado: 0,86 ha.

Superficie solicitada como veciñal: 64,44 ha.

Límites:

Norte: concello de Coristanco, herdeiros de Antonio Pichel e outros, herdeiros de Hermenegildo Vázquez, Luciano Gebey, Germán Vázquez, herdeiros de Marcelino Vázquez.

Leste: camiño de Cargadoiro, José Tasende Rey, río Berbia, Visitación Anido.

Sur: José Gesto Cedeira, Manuel Vázquez Cambre, José Gende Gende, Bernardo Vázquez Antelo, e outros particulares, río Berbia.

Oeste: monte veciñal en man común do Río do Sol (expediente núm. 191).

Segundo o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co fin de que cantas persoas ou organismos resulten interesados poidan formular perante este xurado as alegacións oportunas na defensa dos dereitos que crean que posúan en relación co monte, achegando a documentación que consideren conveniente ao respecto. O prazo para realizar as alegacións será dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común da Coruña