Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5657

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e Pescadería da Coruña (expediente 631/140/2010).

O Pleno municipal, en sesión que tivo lugar o 26 de xaneiro de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar o informe de contestación ás alegacións presentadas e informes sectoriais emitidos, redactado por Oficina de Planeamento, S.L., no sentido contido nel, coas modificacións que derivan dos informes municipais con datas do 13 de xuño, 7 de xullo, 31 de outubro, 12 e 20 de novembro de 2014 e 16 de xaneiro de 2015 e, na súa virtude, desestimar as alegacións non recollidas nos ditos documentos.

Segundo. Aprobar definitivamente o documento denominado “revisión e adaptación do Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e Pescadería. Documento de xaneiro 2015”, presentado con data do 19 de xaneiro de 2015, e completado co informe de correccións do 20 de xaneiro de 2015 incorporado na Comisión informativa do 22 de xaneiro.

Terceiro. Ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para a entrada en vigor do documento aprobado.

Cuarto. Notificar este acordo de aprobación definitiva e a contestación das alegacións aos interesados no expediente, nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 28 de xaneiro de 2015.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia ou, de ser o caso, da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se estime pertinente.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2015

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo