Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5659

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (CON-7/2014).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: CON-7/2014.

2. Obxecto do contrato: explotación da tenda de venda de artigos de recordos e publicacións relacionadas con Picasso e coa cidade da Coruña. Duración: tres anos prorrogables anualmente ata un máximo de cinco.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Canon anual mínimo: 2.000,00 €/ano.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos particulares reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2015

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública