Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5662

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do Plan parcial-SUE 4 estrada de Lugo.

Mediante delegación outorgada pola Alcaldía por Decreto do 11 de xuño de 2011, a Xunta de Goberno Local do Concello de Lalín, na sesión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2014, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación do Plan parcial-SUE 4 estrada de Lugo, tramitado por instancia de Consuelo Saavedra Mato, Margarita María Rodríguez Saavedra e José Ramón Rodríguez Saavedra, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Luis Fernández Fernández, de novembro de 2014.

Segundo o disposto no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos da presentación das alegacións que se consideren oportunas, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. O expediente poderá ser consultado na Secretaría Xeral do Concello, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 8.00 ás 15.00 horas. Simultaneamente, notificaráselles individualmente a todas as persoas propietarias dos terreos afectados que figuren como titulares no catastro.

Así mesmo, acordouse solicitar á Comisión Superior de Galicia o informe previo preceptivo establecido no artigo 94.4 da Louga e obter das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten preceptivos, segundo o disposto no artigo 86.1.b) da dita norma.

Queda suspendido o procedemento de outorgamento de licenzas urbanísticas nas áreas en que as novas determinacións de planeamento previstas para elas supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

Lalín, 14 de xaneiro de 2015

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo