Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5660

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Folgoso do Courel

ANUNCIO de información pública sobre o Plan xeral de ordenación municipal.

Tras ser aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Folgoso do Courel por Acordo do Pleno do 26 de decembro de 2014, de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública xunto co informe de sustentabilidade ambiental durante o prazo de dous (2) meses contados desde día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Simultaneamente ao trámite de información pública e durante o mesmo prazo, sométese ao trámite de consultas previstas no documento de referencia para que os interesados poidan formular as observacións que xulguen pertinentes.

Xunto coa aprobación inicial do PXOM, acordouse suspender o procedemento de concesión de licenzas nos ámbitos que se relacionan nos puntos seguintes. A duración máxima da suspensión, segundo o artigo 77 da Lei 9/2002, é de dous anos e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva do planeamento:

– As zonas verdes e dotacións previstas polo PXOM.

– As zonas delimitadas actualmente como solo de núcleo rural con aprobación definitiva que entren en contradición coas novas determinacións do PXOM.

A suspensión de licenzas só se poderá referir ás que teñan por obxecto actividades de parcelación de terreos e edificación ou demolición, pero non ás obras de reforma, salvo que pola transcendencia desta sexa equiparable a unha reedificación do edificio, non xustificada en razón de urxencia ou que supoñan un aumento de volume edificado, segundo o establecido no artigo 118.1 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de planeamento.

Atenderase ao establecido na disposición transitoria décimo primeira no referente ás explotacións e instalacións de apoio á actividade agropecuaria e serradoiros existentes, polo que nas construcións e instalacións que cumpran os requisitos referidos no citado artigo non se aplicará o réxime de suspensión de licenzas.

Folgoso do Courel, 12 de xaneiro de 2015

Dolores Castro Ochoa
Alcaldesa