Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2015 polo que se fai público o acordo de incoación e prego de cargos ditados no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Camilo Carballal, S.L. (clave DH.D15.47206).

O 11 de novembro de 2014 ditouse acordo de incoación e prego de cargos no expediente sancionador de referencia seguido contra Camilo Carballal, S.L. pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.b) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación dos ditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación e prego de cargos ao interesado, e fáiselle saber que unha copia deles está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia