Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9253

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 48/14).

Por Decreto da Alcaldía do 17 de febreiro de 2015 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 48/14).

2. Obxecto do contrato: redacción de proxectos e outros traballos relacionados, servizos topográficos, estudos arqueolóxicos, planimetrías, a través de acordo marco cun único contratista.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 79.860 € (66.000 € máis 13.860 € en concepto de IVE).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, BOP e perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 17 de febreiro de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde