Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9291

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo e terceiro cuadrimestre de 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Descrición

Data de sinatura

Importe total

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre as consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia de Turismo de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Verín para a construción do Centro Cultural das Artes de Verín, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

8.5.2014

3.334.884,96 €

Addenda nº 1 ao convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Pantón para a execución de obras en materia de urbanismo (acometer as obras de soterramento de instalacións eléctricas na estrada N-120A, fronte ao mosteiro cisterciense en Pantón).

9.10.2014

34.387,79 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e o Concello de Cerdedo (Pontevedra) para a execución de actuacións de uso público no contorno do río Seixo, na ZEC Serra do Cando, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

14.11.2014

52.346,10 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Universidade da Coruña para a aplicación de descontos a estudantes da Universidade da Coruña no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia.

18.11.2014

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a fundación bancaria La Caixa en materia de espazos naturais protexidos.

19.12.2014

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a implantación do servizo de xestión de mobilidade do transporte público regular de persoas de uso xeral por estrada de Galicia.

29.9.2014

2.260.000,00 €