Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9491

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 24 de febreiro de 2015 pola que se ditan as normas que regulan a acreditación, a uniformidade e os distintivos do persoal voluntario das agrupacións de voluntarios de protección civil, a imaxe corporativa destas agrupacións e os equipos de mobilidade necesarios para o desenvolvemento das funcións de protección civil e emerxencias.

A Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, no seu título quinto, ocúpase da regulación do persoal adscrito ao sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia e fai a distinción entre persoal profesional, voluntario e colaborador, definindo, no seu artigo 43.3, o persoal voluntario como aquel que «libre e desinteresadamente, se incorpora a entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que teñen como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións definidas nesta lei como situacións de xestión de riscos e de emerxencias».

O Decreto 123/2014, do 18 de setembro, polo que se regula a acreditación, a uniformidade e os distintivos do persoal voluntario das agrupacións de persoal voluntario de protección civil, a imaxe corporativa destas agrupacións e os equipamentos de mobilidade necesarios para o desenvolvemento das funcións de protección civil e emerxencias,
desenvolve determinados aspectos do título quinto da Lei 5/2007, do 7 de maio, que ten que ver co persoal voluntario coñecido das agrupacións de persoal voluntario de protección civil, inscritas no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia; e que ao longo desta orde se denominará como persoal voluntario das AVPC.

O citado decreto, na súa disposición derradeira segunda, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias para ditar no prazo de catro meses desde a entrada en vigor deste as disposicións necesarias para o seu desenvolvemento.

Por todo o exposto, en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é, en desenvolvemento do Decreto 123/2014, do 18 de setembro, establecer a descrición e demais características da acreditación, a uniformidade e distintivos do persoal voluntario das agrupacións de voluntarios de protección civil, inscritas no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, en adiante persoal voluntario das AVPC.

Resulta obxecto desta orde, tamén, a descrición e demais características da imaxe corporativa das AVPC, a sinalización exterior e interior de oficinas ou dependencias, os elementos de configuración externa e o deseño das condicións de marcación e rotulación dos equipamentos de mobilidade á disposición do persoal dos servizos municipais de protección civil, os grupos de emerxencia supramunicipais ou o persoal voluntario das AVPC, de acordo co regulado no artigo 2 do Decreto 123/2014, do 18 de setembro.

Artigo 2. O carné do persoal voluntario das AVPC

1. De acordo co establecido nos artigos 3 e 4 do Decreto 123/2014, do 18 de setembro, o carné é un documento persoal e intrasferible que lle facultará e acreditará da súa condición en todas as actuacións de protección civil e emerxencia e ante as autoridades e a cidadanía, polo que o seu uso é obrigatorio.

2. O carné do persoal voluntario de protección civil terá as características estruturais reguladas no artigo 4 do Decreto 123/2014, do 18 de setembro, cuxo formato se recolle no anexo I desta orde, sendo dilixenciado polo organismo da Xunta de Galicia con competencias en materia de protección civil e emerxencias, logo de solicitude deste, unha vez que o voluntario/a teña realizada e superada a formación básica prevista pola Xunta de Galicia para o novo persoal voluntario, impartida ou homologada polo organismo oficial competente na materia.

Artigo 3. Uniformidade do persoal voluntario das AVPC

A vestimenta do persoal voluntario das AVPC estará constituída por dous modelos de uniforme, un denominado de faena ou traballo e o outro de representación e gala. Cada modelo está composto por un conxunto de pezas relacionadas no anexo do Decreto 123/2014, do 18 de setembro, relación que está aberta a posibles novas inclusións se a situación así o require, regulándose no anexo II desta orde a súa descrición pormenorizada.

Artigo 4. Distintivos: insignias e divisas

Os distintivos de protección civil son as insignias e as divisas, establecidos no Decreto 123/2014, do 18 de setembro.

1. Teñen a consideración de insignias: o escudo de protección civil do concello onde radique a sede da AVPC, o escudo da Xunta de Galicia, outros distintivos oficiais concedidos e regulados por distinta normativa e aqueles socialmente recoñecidos concedidos por algunha institución como recoñecemento ao traballo voluntario de protección civil, sendo obrigatorios os relacionados no anexo III.

2. As divisas son aqueles distintivos acadados en función do grao e escala de pertenza do persoal voluntario, e teñen que ver coa responsabilidade e mando dentro da organización. No anexo IV establécense as divisas, coas súas dimensións e formas, xa sexa de colocación en ombreiras ou sobre portadivisas no peito.

3. As pezas da uniformidade só levarán os distintivos oficiais ou socialmente recoñecidos regulamentados; non se poderá exhibir nas partes exteriores destas, nin nas súas costuras, ningunha clase de lenda, logotipo, marca comercial ou publicitaria.

Artigo 5. Criterios de colocación e distribución das insignias e as divisas no uniforme de faena ou traballo e representación e gala

Os criterios xerais de colocación das insignias e as divisas para a uniformidade de faena ou traballo e representación e gala son os seguintes:

1. O escudo do concello irá situado na manga dereita, o escudo de Galicia na manga esquerda e o escudo de protección civil co nome da AVPC e o concello onde radique esta, no lado esquerdo do peito e nas pezas de cabeza.

2. As divisas acadadas en función do grao e escala de pertenza do persoal voluntario, teñen que ver coa responsabilidade e mando dentro da organización e irán situadas nas ombreiras ou, se é o caso, na portadivisa situada no lado dereito do peito.

Artigo 6. Criterios de colocación doutros distintivos no uniforme de representación e gala

O uniforme de representación e gala tamén poderán levar outros distintivos oficiais ou regulados por distinta normativa e socialmente recoñecidos:

1. No lado esquerdo do peito colocaranse as condecoracións de mérito ou conmemorativas que se teñan recibido polo labor desenvolvido en materia de protección civil, seguridade ou emerxencias, outorgadas por calquera organismo ou entidade, colocadas e ordenadas desde a liña de botóns ata o brazo e situándose un máximo de catro por liña en tamaño normal e de seis en tamaño miniatura. Estarán ordenadas en liña pola súa data de concesión, e, en caso de colocarse máis dunha fila, de arriba cara a abaixo.

2. No lado dereito do peito colocaranse os distintivos correspondentes a cursos e/ou especialidades, unidades, entidades ou servizos públicos de pertenza que se teñan en materia de protección civil, seguridade ou emerxencias. Levaranse como máximo cinco distintivos e/ou insignias, colocados en forma de triángulo ou rombo seguido da solapa da chaqueta, mantendo a seguinte orde: a primeira fila formará a base do triángulo (máximo de tres distintivos), a segunda fila será o vértice superior do triángulo equilátero (máximo un) e a terceira fila o vértice inferior do rombo, (máximo un).

3. Os distintivos dunha mesma fila poderán ir colocados nun único imperdible ou sobre pasador con cinta azul mariña. No caso de colocarse en máis dunha fila, a orde de preferencia será, ademais, de arriba a abaixo.

4. Cando se posúan condecoracións que colguen do colo, só se poderá levar unha a elección da persoa interesada.

Artigo 7. Elementos de deseño e rotulación dos equipos de mobilidade

Os equipos de mobilidade levarán os elementos de deseño e rotulación que se indican no anexo V e VI desta orde e no que atinxe aos distintivos seguirase os criterios, en canto á forma e cores, utilizados para a uniformidade.

Como norma xeral, o regulado respecto ao deseño e rotulación adaptarase acomodándoo, o máis fiel posible, á estrutura, tamaño e cor de fondo do equipamento de mobilidade de que se trate, e, en todo caso, ao especificado no documento administrativo de cesión, acordo ou convenio de colaboración ou orde de subvención.

De ter outro tipo de equipamentos de mobilidade non descritos no citado anexo adaptaranse no posible ás normas establecidas.

Artigo 8. Condicións técnicas para as marcacións retroreflectintes adhesivas dos vehículos de protección civil

Os materiais para os distintivos, rótulos de textos e/ou grafismos e marcacións/bandas de contorno retroreflectintes brancas con espiga laranxa, etc., deberán cumprir cos requisitos especificados na normativa en vigor, exixible en vehículos e equipamento que se utilizarán en protección civil e emerxencias e, consecuentemente, terán a súa homologación correspondente.

Artigo 9. Imaxe corporativa

No Decreto 123/2014, do 18 de setembro, establécese que a imaxe corporativa das AVPC será única e homoxénea e estará conformada polo conxunto dos símbolos gráficos, logos e variables cromáticas da uniformidade, dos equipamentos de mobilidade, así como a rotulación e marcación das súas bases.

A imaxe corporativa das AVPC seguirá a composición, disposición e tipografías contidas no anexo III e VI e, complementariamente, o disposto nos demais anexos.

Artigo 10. Elemento básico da imaxe corporativa

O elemento básico da imaxe corporativa das AVPC é o escudo de protección civil da Xunta de Galicia, adaptado a cada AVPC co nome do concello ao cal pertenza, sendo utilizado na uniformidade, equipamento de mobilidade, sinalización de edificios, publicacións e papelaría institucional. As cores integrantes do escudo serán as prioritarias que se utilizarán no deseño de calquera dos usos mencionados (anexo III).

Artigo 11. Réxime de uso dos elementos básicos de identidade

O uso da imaxe corporativa de protección civil da Xunta de Galicia, dos concellos e das AVPC, é privativa destas institucións e queda prohibida a súa utilización agás consentimento expreso da consellería con competencias en protección civil.

No que atinxe a tamaños, no non explicitamente regulado nesta orde haberá que aterse ao que puidese regular ou dispoñer, de maneira puntual, a consellería con competencia en protección civil ou á decisión do concello ou da propia AVPC.

Disposición transitoria. Prazo de adaptación

1. Haberá que aterse ao previsto na disposición derradeira primeira do Decreto 123/2014, do 18 de setembro, sendo de aplicación inmediata naqueles casos de nova adquisición, reposición ou reedición de todo elemento que deba exhibila.

Disposición derradeira primeira. Autorización para o desenvolvemento

Autorízase a persoa titular da consellería con competencia en materia de protección civil para realizar os trámites necesarios para a efectividade desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I
Acreditación do persoal voluntario das AVPC de Galicia

ANEXO II

Características das pezas que compoñen o uniforme do persoal voluntario de protección civil, nas súas variedades de faena e paseo.

1. Uniforme de faena.

Anorak: bicolor con canesú dianteiro e traseiro de cor laranxa (pantone 811U), resto en cor azul mariña (pantone 296C). A parte laranxa rematará 5 cm máis abaixo do escave. Peche con cremalleira e tapiña con broches.

Na parte dereita levarán as divisas de graduación e na parte esquerda o escudo de protección civil co nome do concello (tamaño 8 × 6.5 cm).

Na manga dereita situarase o escudo do concello (tamaño 8 × 6.5 cm) e na esquerda o escudo da Xunta de Galicia (tamaño 8 × 6.5 cm) definido para a uniformidade de protección civil. Nas costas, na zona laranxa a 10 cm da zona azul, levará a denominación de «PROTECCIÓN CIVIL» e debaixo o nome de cada concello en cor gris reflector (medidas 27 cm de longo e 10 cm de largo).

Dúas bandas reflectoras grises en cada brazo; a primeira a 17 cm da parte laranxa e a segunda a 21 cm da primeira, e dúas no contorno; a primeira a continuación da parte laranxa e a segunda a 27 cm da primeira.

Dous petos exteriores na parte inferior con tapiñas de velcro e un peto interior no peito esquerdo con velcro.

Capucha de cor azul mariña (pantone 296C) que vai unida ao pescozo con broches ou cremalleira.

O anorak será totalmente acolchado e forrado, sendo o material da confección illante, impermeable e transpirable, contra frío, choiva e vento.

Pantalón impermeable: pantalón de cor laranxa (pantone 811U) confeccionado en tecido de alta resistencia á tracción e á abrasión, hidrorrepelente, impermeable, transpirable e con forro (para protexer mellor da condensación). As costuras serán termoseladas de deseño amplo. Axuste á cintura mediante gomas.

Levará dúas bandas reflectoras grises en cada perna, a primeira irá na parte media da perna, inmediatamente por debaixo do xeonllo, e a segunda a continuación, separadas entre si 10 cm.

Forro polar: de tecido polar antipiling, peso aproximado de 300 gr/m2, con canesú dianteiro e traseiro de cor laranxa (pantone 811U) que remata 5 cm máis abaixo do escave. Resto en cor azul mariña (pantone 296C).

Galoneras con peche de broche, peche central con cremalleira inxectada.

No contorno, entre a parte laranxa e azul mariña deberá ir unha banda reflectora gris de 5 cm de largo, así como nas mangas.

Dous petos oblicuos inferiores no exterior, un peto na manga esquerda con tapiña de velcro a 10 cm do ombro.

Reforzado nos cóbados en tecido resistente.

Na parte esquerda do peito levará o escudo de protección civil co nome do concello de (tamaño 8 × 6.5 cm).

Na manga dereita situarase o escudo do concello (tamaño 8 × 6.5 cm) e na esquerda o escudo da Xunta de Galicia (tamaño 8 × 6.5 cm) definido para a uniformidade de protección civil.

Nas costas, na parte laranxa, a 10 cm da cinta reflectora, levará a denominación de «PROTECCIÓN CIVIL» e debaixo o nome de cada concello en cor gris reflector (medidas 27 cm de longo e 10 cm de largo).

Cazadora: tipo 2/4 con canesú dianteiro e traseiro en cor laranxa (pantone 811U) que rematará 5 cm máis abaixo do escave. Resto en cor azul mariña (pantone 296C).

Galoneiras con peche de broche, peche central con cremalleira e tapiña azul mariña con broches.

No contorno, entre a parte laranxa e azul mariña deberá ir unha banda reflectora gris de 5 cm de largo así como nas mangas.

Na parte esquerda do peito levará o escudo de protección civil co nome do concello de (tamaño 8 × 6.5 cm).

Dous petos oblicuos inferiores no exterior pechados con cremalleira e un peto interior no dianteiro esquerdo con peche de velcro.

No interior da roupa e por toda a superficie levará un forro con tecido.

Na manga dereita situarase o escudo do concello (tamaño 8 × 6.5 cm) e na esquerda o escudo da Xunta de Galicia (tamaño 8 × 6.5 cm) definido para a uniformidade de protección civil. Nas costas, na parte laranxa, a 10 cm da cinta reflectora, levará a denominación de «PROTECCIÓN CIVIL» e debaixo o nome de cada concello en cor gris reflector (medidas 27 cm de longo e 10 cm de largo).

Funda de faena: de cor azul mariña (pantone 296C) con canesú dianteiro e traseiro en cor laranxa (pantone 811U) que remata 5 cm máis abaixo do escave, peche central con cremalleira oculta cunha tapiña. Galoneiras con peche de broche en cada ombro. Banda reflectora gris de 5 cm ao redor do contorno, entre a parte laranxa e a azul mariña, dúas bandas en cada brazo e dúas en cada perna, inmediatamente a continuación do xeonllo, separadas entre ambas 10 cm. Seis petos, un en cada lado do peito, dous na parte traseira e un no lateral de cada perna, todos eles con tapiña de velcro e dous petos tipo oblicuo.

Na parte esquerda do peito levará o escudo de protección civil co nome do concello de (tamaño 8 × 6.5 cm).

Na manga dereita situarase o escudo do concello (tamaño 8 × 6.5 cm) e na esquerda o escudo da Xunta de Galicia (tamaño 8 × 6.5 cm) definido para a uniformidade de protección civil. Nas costas, na parte laranxa, a 10 cm da cinta reflectora, levará a denominación de «PROTECCIÓN CIVIL» e debaixo o nome de cada concello en cor gris reflector (medidas 27 cm de longo e 10 cm de largo).

Goma na cintura traseira e puños elásticos.

Pantalón de faena: pantalón de tecido lixeiro e transpirable de cor azul mariña (pantone 296C) con dous petos dianteiros á altura dos xeonllos, con tapiñas con banda reflectora gris nestas, e dous traseiros con tapiña e dous botóns ocultos. Presillas cosidas ou con botóns en ambos extremos de 55 mm de alto por 25 mm de longo. Todos os botóns serán de cor azul noite. Cremalleira baixo lapela na súa parte dianteira central.

Segundo se trate de inverno ou verán, o pantalón poderá ser dun tecido máis ou menos cálido coas características antes descritas.

missing image file

Polo manga curta: de cor azul mariña (pantone 296C) con canesú laranxa (pantone 811U), a parte laranxa remata 5 cm máis abaixo do escave, tanto polas costas como polo peito.

Na parte azul mariña, lindando coa cor laranxa fluor, levará unha banda reflectora gris de 5 cm de largo por todo o contorno do polo que pode ser discontinua (de 4 mm separados entre si 1 mm) ou banda continua, se cumpren a transpirabilidade e flexibilidade necesaria.

As ombreiras e o colo camiseiro de cor azul mariña (pantone 296C), o colo levará por todo o borde inferior un axadrezado laranxa flúor e irá pechado por tres botóns da mesma cor azul mariña.

Cada bocamanga rematará cun puño de canalé como o que se describe para o colo.

Na parte esquerda do peito figurará o escudo de protección civil do concello (8 × 6.5 cm).

Na manga dereita situarase o escudo do concello (8 × 6.5 cm) e na esquerda o escudo da Xunta de Galicia (8 × 6.5 cm) definido para a uniformidade de protección civil. Nesta mesma manga poderá ter unha abertura para un peto porta bolígrafos interior, situado a 50 mm da parte superior do escudo correspondente. Nas costas, na parte laranxa, a 10 cm da cinta reflectora, figurará a denominación de «PROTECCIÓN CIVIL» e debaixo o nome de cada concello en cor gris reflector (medidas 27 cm de longo e 10 cm de largo).

Polo manga longa: de cor azul mariña (pantone 296C) con canesú laranxa (pantone 811U), a parte laranxa remata 5 cm máis abaixo do escave, tanto polas costas como polo peito.

Na parte azul mariña, lindando coa cor laranxa flúor, levará unha banda reflectora gris de 5 cm de largo por todo o contorno do polo con bandas descontinuas de 4 mm separadas entre si 1 mm ou banda continua, se cumpren a transpirabilidade e flexibilidade necesaria.

As ombreiras e o colo camiseiro de cor azul mariña (pantone 296C), o colo levará por todo o borde inferior un axadrezado laranxa flúor e irá pechado por tres botóns da mesma cor azul mariña.

Manga longa con puño do mesmo tecido.

Na parte esquerda do peito levará o escudo de protección civil do concello (8 × 6.5 cm).

Na manga dereita situarase o escudo do concello (8 × 6.5 cm) e na esquerda o escudo da Xunta de Galicia (8 × 6.5 cm) definido para a uniformidade de protección civil. Nesta mesma manga poderá ter unha abertura para un peto porta bolígrafos interior, situado a 50 mm da parte superior do escudo correspondente. Nas costas, na parte laranxa, a 10 cm da cinta reflectora, figurará a denominación de «PROTECCIÓN CIVIL» e debaixo o nome de cada concello en cor gris reflector (27 cm de longo e 10 cm de largo).

Gorra: de cor azul mariña (pantone 296C), o casquete estará formado por una peza frontal e laterais rectangulares e rectas. Na parte frontal levará o escudo de protección civil co nome do concello (5.5 × 4.5 cm) e na parte posterior na cinta reguladora irá a denominación de «PROTECCIÓN CIVIL» en letras de cor laranxa de 10 × 100 mm.

A parte interna estará forrado cunha tea azul mariña (pantone 296C) e terá unha banda suadoiro en tecido transpirable.

Viseira recta con lámina interior de plástico forrada en tea (pantone 296C), que levará, a 1.5 cm do borde exterior e sobre a cara superior, grecas ou vivos labrados de 3 mm de largura de cor laranxa (pantone 811U).

Terá en cada lateral dous ollos de 0,5 cm de diámetro e separados entre si 1 cm para mellorar a ventilación.

Botas campaña: botas de media cana, axustables ao pé con ollais e presillas para abrochar ou con outro sistema de peche de semellantes prestacións. De cor negra, transpirables, antirrotura, impermeables e de sola illante e anti escorregadiza. Cumprirán a norma de seguridade UNE-EN ISO 20345 S3.

Botas de auga: en caso necesario, dependendo da climatoloxía e do tipo do servizo, utilizaranse botas altas de goma ou similar de cor negra, de uso normal no mercado, con sola anti escorregadiza e illante da electricidade.

Cumprirán a norma de seguridade UNE-EN ISO 20345 S5

Chaleco reflector: chaleco bicolor, parte superior en cor laranxa (pantone 811U) tanto nas costas coma no peito ata a banda reflectora horizontal e cor azul mariña (pantone 296C) na parte inferior desde a banda reflectora horizontal ata o final.

Dous petos dianteiros na parte azul mariña con tapiñas de velcro e dous na parte laranxa esquerda do peito (un aberto para bolígrafo e outro para o móbil con tapiña de velcro). Peche con cremalleira.

A denominación de «PROTECCIÓN CIVIL» e o nome de cada concello nas costas en cor gris reflectora (medidas 27 cm de longo e 10 cm de largo) e o escudo de protección civil do concello na parte esquerda do peito (tamaño 8 × 6.5 cm.).

Banda horizontal reflectora de cor gris en todo o contorno, delimitando a cor laranxa da cor azul mariña, e dúas bandas verticais desde cada ombreira ata unir coa cinta horizontal no peito e nas costas.

Cinto: de cor azul mariña de loneta, dunha soa peza, de 50 mm de largo, regulable, con peche metálico ou de material plástico, onde se inserirá o escudo oficial de protección civil da Xunta de Galicia.

Pantalón curto/traxe de baño home/muller: de cor azul mariña (pantone 296C), 100 % nylon, repelente á auga.

Con calzón interior, goma na cintura, 2 petos laterais embolsillados e un traseiro de plastón.

2. Uniforme de representación e gala.

Gorra de prato de formato náutico: con barbiqueixo de cinta, a parte alta da gorra de cor azul mariña (pantone 296C), con prato con aro e de forma ovalada, barbaqueixo de 10 milímetros de largo, de cor prata para as escalas básica e executiva e dourada para a escala superior.

Escudo de protección civil do concello centrado sobre a parte frontal.

Este barbiqueixo será de cordón dobre anoado e irá fixado nos seus extremos por sendos botóns semiplanos de cor dourada de 15 milímetros de diámetro.

Viseira recta con lámina interior de plástico forrada en tea (pantone 296C), que levará a 7 milímetros do bordo exterior e sobre a cara superior grecas ou vivos labrados de 5 milímetros de largo, do xeito seguinte:

Unha greca ou vivo en cor prata (pantone 800IC) para a escala básica e executiva.

Unha greca ou vivo en cor ouro (pantone 8645C) para o subxefe/a de agrupación e dúas grecas ou vivos en cor ouro (pantone 8645C) para o xefe/a de agrupación e o xefe/a coordinador/a.

Calcetíns: liso de cor azul mariña (pantone 296C) serán de tecido acorde segundo sexa para inverno ou verán.

Camisa branca: camisa de cor branca con pescozo pechado por botón de pasta de igual cor, levará galoneiras. Peto na parte superior esquerda do peito sen tapiña, colocándose por riba deste, o escudo de protección civil do concello. Costas con tapiña na parte traseira. Confeccionarase con pespunte de 5 mm en partes inferiores da boca manga, nos bordes libres do pescozo así como na parte inferior da camisa e petos.

De usarse como peza exterior levará os escudos ao uso en mangas, así como galoneiras nos ombros para as divisas correspondentes. Os botóns serán da cor do tecido da peza.

Cinto: cinto de vestir liso e de cor negra.

Gravata: de cor azul mariña (pantone 296C) de forma usual no mercado e lonxitude de 1.300 a 1.

Saia: saia de tecido azul mariña (pantone 296C) recta con abertura traseira. Longo da saia por debaixo do xeonllo.

Medias panti: en cor carne.

Zapatos: zapato tipo uniforme, de punteira redondeada de cor negra con amallós (para o persoal feminino sen amallós) e piso de goma con debuxo anti escorregadiza.

Traxe: chaqueta cor azul mariña noite (pantone 296C) de traspaso sen aberturas e con dobre fila de tres botóns dourados co escudo de Galicia, presillas nos ombreiros que suxeitarán as pas porta divisas onde irán as correspondentes ao da persoa usuaria con botóns dourados. Peto na parte superior esquerda do peito. Dous petos laterais inferiores con tapiña.

Na bocamanga levará tres botóns dourados e na manga esquerda, na parte superior a 5 cm do ombro, o escudo de Galicia.

Pantalón de pinzas con 2 petos dianteiros con corte oblicuo e traseiros de boca horizontal embolsillados.

Gabardina: de cor azul mariña noite (pantone 296C) de traspaso con abertura na parte central traseira, con dobre fila de tres botóns dourados de abrochar á vista co escudo de Galicia gravado en relevo e unha fila máis oculta pola solapa, con presillas nos ombreiros con botóns dourados que suxeitarán as pas porta divisas onde irán os distintivos correspondentes aos do usuario. Peto na parte interior superior esquerda do peito. Dous petos laterais oblicuos. Tecido impermeable e con acabado teflón. Largo 15 cm máis abaixo dos xeonllos.

Luvas: luvas de gala de cor branca.

Xersei: de cor azul mariña (pantone 296C), colo de pico e de punto fino. Levará o escudo de protección civil do concello na parte superior esquerda do peito, e na manga esquerda, a 5 cm do ombro, o escudo de Galicia.

ANEXO III
Insignias e logos

1. Escudo de protección civil.

Consta dunha silueta do mapa da Comunidade Autónoma de Galicia da cor azul Prusia (pantone 2935C), e no seu interior un triángulo equilátero de cor azul cobalto (pantone 286C), coas súas arestas de cor branca, quedando os vértices do triángulo na parte interior do mapa. Orlado este último de esquerda a dereita e simetricamente pola lenda de «PROTECCIÓN CIVIL», na súa parte superior e na parte inferior, pola lenda «XUNTA DE GALICIA» cando se utilice polas autoridades de protección civil da Xunta de Galicia, ambas as lendas en cor laranxa (pantone 811U) e tipo de letra: «centl TC BK BT».

Cando sexa empregado pola Administración local levará o nome do concello ou, de ser o caso, da mancomunidade de municipios ou da comarca.

Todo isto dentro dun círculo de cor branca, que na súa parte superior, rematará cunha coroa real española en cor azul cobalto (pantone 286C), segundo o modelo que se indica seguidamente:

No caso de utilización deste escudo sobre as pezas da uniformidade, irá dentro dunha elipse con bordo dourado.

2. Escudo de protección civil no peito da uniformidade.

Tipo de letra: centlTC BK BT en cor laranxa 811U

Cores: triángulo e coroa (pantone 286C), mapa (pantone 2935C) e elipse cor dourada.

3. Escudo de protección civil na gorra e na gorra de prato.

Tipo de letra: centlTC BK BT en cor laranxa 811U.

Cores: triángulo e coroa (pantone 286C), mapa (pantone 2935C) e elipse cor dourada.

4. Escudo da Xunta de Galicia.

Cores: azul escura (pantone 296C), azul clara (pantone 300C) e elipse cor dourada.

Medidas: 6.5 cm de largo por 8 cm de alto.

5. Escudo do concello.

Medidas: 6.5 cm de largo por 8 cm de alto.

6. Denominación-logo de protección civil e nome do concello nas costas.

Tipo de letra: «arial black».

Cor de letra: gris reflectinte.

Medidas: 27 × 10 cm.

ANEXO IV
Divisas

A estrutura xerarquizada dentro das AVPC distribúese en tres escalas: a escala básica, a escala executiva e a escala de superior que, pola súa vez, teñen distintos graos.

As ombreiras teñen unhas dimensións de 5 × 8 cm, nas imaxes están en sentido vertical e os porta divisas de peito 10 × 6 cm, e nas imaxes en sentido horizontal.

Escala básica: voluntario/a base de protección civil.

Poderán optar a esta divisa os/as voluntarios/as de protección civil que teñan superado o Curso Básico de Protección Civil da Academia Galega de Seguridade Pública.

A divisa e ombreira de cor azul cobalto (pantone 286C) co bordo en prateado, levando no seu interior un triángulo equilátero azul cobalto (pantone 286C) sobre círculo laranxa (pantone 811U), ambos elementos co bordo en prateado.

Escala executiva, relacionadas de menor a maior grado:

Xefe de equipo.

Poderán optar a este grao os/as voluntarios/as de protección civil que teñan superado o Curso Básico de Protección Civil e, polo menos, un curso de segundo nivel da Academia Galega de Seguridade Pública.

A divisa é ombreira de cor azul cobalto (pantone 286C) co bordo en prateado levando no seu interior un triángulo amarelo (pantone yellow C) sobre círculo branco, ambos os elementos co bordo en prateado e unha barra prateada.

missing image file

Xefe de grupo.

Poderán optar a este grao os/as voluntarios/as de protección civil que teñan superado o Curso Básico de Protección Civil e, polo menos, dous cursos de segundo nivel, da Academia Galega de Seguridade Pública.

A divisa y ombreira de cor azul cobalto (pantone 286C) co bordo en prateado levando no seu interior un triángulo laranxa (pantone 021C) sobre círculo branco, ambos os elementos co bordo en prateado e dúas barras prateadas.

missing image file

Xefe de sección.

Poderán optar a este grao os/as voluntarios/as de protección civil que teñan superado o Curso Básico de Protección Civil e tres cursos de segundo nivel da Academia Galega de Seguridade Pública.

A divisa é ombreira de cor azul cobalto (pantone 286C) co bordo en prateado levando no seu interior un triángulo verde musgo (pantone 354C) sobre círculo branco, ambos os elementos co bordo en prateado e tres barras prateadas.

missing image file

Xefe de unidade.

Poderán optar a este grao os/as voluntarios/as de protección civil que teñan superado o Curso Básico de Protección Civil, catro cursos de segundo nivel da Academia Galega de Seguridade Pública.

A divisa é ombreira de co azul cobalto (pantone 286C) co bordo en prateado levando no seu interior un triángulo vermello (pantone 711C) sobre círculo branco, ambos os elementos con bordo en prateado e catro barras prateadas.

missing image file

Escala superior, relacionadas de menor a maior grado:

Subxefe da agrupación.

Poderán optar a este grao os/as voluntarios/as de protección civil que teñan superado o Curso da Escala Executiva de Protección Civil, catro cursos de segundo nivel ou nivel superior e o Curso Superior da Academia Galega de Seguridade Pública.

A divisa é ombreira de cor azul cobalto (pantone 286C) co bordo en dourado, levando no seu interior un triángulo azul cobalto (pantone 286C) sobre círculo branco, ambos os elementos co bordo en dourado e dúas barras douradas.

missing image file

Xefe de agrupación.

Poderán optar a este grao os/as voluntarios/as de protección civil que teñan superado o Curso Escala Executiva de Protección Civil, cinco cursos de segundo nivel ou nivel superior e o Curso Superior de Protección Civil da Academia Galega de Seguridade Pública.

A divisa é ombreira de cor azul cobalto (pantone 286C) co bordo en dourado, levando no seu interior un triángulo azul cobalto (pantone 286C) sobre círculo branco, ambos os elementos co bordo en dourado e tres barras douradas.

missing image file

Xefe coordinador.

Poderán optar a este grao os/as xefes/as ou subxefes/as de agrupacións de protección civil ou persoal cualificado e con experiencia en materia de emerxencias, que terá a función de coordinación dos servizos de emerxencia e protección civil no concello, agrupando ao persoal municipal de emerxencias e ao persoal voluntario das AVPC.

A divisa e ombreira de cor azul cobalto (pantone 286C) co bordo en dourado, levando no seu interior un triángulo azul cobalto (pantone 286C) sobre círculo branco, ambos os elementos co bordo en dourado e catro barras douradas.

missing image file

Medidas das divisas de ombreiras.

Medida das divisas de peito.

ANEXO V
Deseño e rotulación dos equipamentos de mobilidade de protección civil

Os equipamento de mobilidade levaran os seguintes elementos distintivos:

• Logo símbolo do 112.

• Escudo de Galicia.

• Escudo de protección civil do concello.

• Elementos retrorreflectintes de tipo espiga na zona media dos laterais en dirección de cara adiante e na parte traseira con dirección a ambos os lados a partir do centro.

• Elementos retrorreflectintes de tipo media espiga no frontal, mantendo a liña de marcado da espiga.

• Numeración do 112 no teito.

• Banda retrorreflectintes con frechas laranxas retrorreflectintes.

Dependendo das características do equipamento poderán levar outros elementos opcionais de identificación, segundo as funcións que se desenvolverán ou as unidades a que pertenzan, ou pola contra, non levar algún dos relacionados pola falta de espazo.

As bandas reflectintes de contorno poderá ser serigrafadas ou realizada cun filme transparente. A estas áreas exixiráselles un 70 % dos valores fotométricos da cor directa correspondente.

1. Vehículos de catro rodas.

1.1. Vehículos tipo turismo.

1.2. Vehículos tipo monovolume.

1.3. Vehículos todoterreo.

1.4. Vehículos todocamiño.

2. Motos.

3. Segwai.

4. Embarcacións e outros medios acuáticos.

ANEXO VI
Imaxe corporativa

1. Cores e pantones.

2. Sinalética externa: rótulos das bases das AVPC.

BASE DA AGRUPACION DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

CONCELLO DE …………

Tipografía: Arial Black

Cores: a cor dos rótulos irá en función da cor base, e poderá utilizarse o laranxa (pantone 811U), o azul cobalto (pantone 280C), ou a cor negra, podendo ir o texto en dúas o tres liñas tendo que adaptarse ás medidas de superficie da fachada e a súa estética.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file