Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10627

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

Para a mellora da calidade na formación para o emprego, o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, que regula os certificados de profesionalidade, establece criterios de acceso do alumnado para garantir que se posúen as competencias clave para cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade que facilitaralles a súa inserción laboral. Este real decreto, modificouse mediante os reais decretos 1675/2010, do 10 de decembro, e 189/2013, do 15 de marzo, e posteriormente desenvolvido na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

Para adecuar a normativa autonómica á lexislación estatal publícase a Orde da Consellería de Traballo e Benestar, do 7 de xaneiro de 2014, pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta orde é un instrumento fundamental das políticas activas de emprego que favorece a calidade e a integración da formación profesional para o emprego, facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que lles permitirá progresar no mercado laboral.

A Dirección Xeral de Emprego e Formación, por proposta do Instituto Galego das Cualificacións, convocará probas de avaliación polo menos unha vez ao ano, mediante a publicación dunha resolución onde se concretarán todos os aspectos do procedemento. O Instituto Galego das Cualificacións terá as funcións de coordinación, xestión e desenvolvemento das probas na nosa comunidade autónoma.

O Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, dispón no seu artigo 17 que será a Dirección Xeral de Emprego e Formación a que terá as funcións en materia de expedición de certificados de profesionalidade.

De conformidade co exposto, procede agora convocar un novo proceso de probas de avaliación para o ano 2015.

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave. Así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.

Artigo 2. Competencias clave que se convocan

1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

• Comunicación en Lingua Galega.

• Comunicación en Lingua Castelá.

• Comunicación en Lingua Estranxeira (inglés).

• Competencia Matemática.

2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3, son Competencia Matemática, Comunicación en Lingua Castelá e Comunicación en Lingua Galega.

A competencia de Comunicación en Lingua Estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de Lingua Estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.

Artigo 3. Requisitos de acceso á formación de certificados de profesionalidade

O artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 establece os requisitos para acceder á formación dos certificados de profesionalidade.

No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional.

Artigo 4. Exencións e validacións ás probas de avaliación

No caso da competencia de Comunicación en Lingua Galega, estarán exentos de presentarse a esta proba as persoas que cumpran algún dos requisitos establecidos no anexo IV.

No anexo V desta resolución establécense as validacións por ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo para as competencias clave que se convocan.

Artigo 5. Presentación de solicitudes e prazo

1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.

2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 10 de abril de 2015.

3. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Traballo e Benestar: http://traballoebenestar.xunta.es.

4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 6. Autorizacións

A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice ao órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

Artigo 7. Documentación

As persoas aspirantes deberán acompañar á súa solicitude de inscrición:

1. Fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identificación de estranxeiro (NIE), só no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade (marcando o recadro disposto na solicitude).

No caso de identificación co pasaporte en vigor hai que achegar a súa fotocopia.

2. Para as persoas aspirantes con discapacidade recoñecida polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia, cun grao igual ou superior ao 33 %, e que solicitan algún tipo de adaptación das especificadas na solicitude, non será necesario achegar o certificado do grao de discapacidade nin o informe da procedencia das adaptacións solicitadas.

No caso de ter recoñecida a discapacidade por outra comunidade autónoma, deberá achegar o certificado de grao de discapacidade e o informe da procedencia das adaptacións solicitadas pola dita comunidade, agás que solicitase o traslado do seu expediente a esta Comunidade Autónoma.

Na solicitude de inscrición hai que indicar a adaptación que se solicita nos recadros do bloque de persoas aspirantes con algunha discapacidade.

3. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 8. Relación provisional e definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas

1. A relación provisional das persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión, será publicada polo Instituto Galego das Cualificacións na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, segundo o establecido no calendario previsto que figura no anexo II desta resolución.

2. As persoas inscritas poderán formular contra esta relación provisional de admitidos e excluídos as oportunas reclamacións, que se dirixirán ao Instituto Galego das Cualificacións no prazo de 4 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da lista provisional de admitidos.

3. A relación definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas será publicada na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, segundo o establecido no calendario previsto que figura no anexo II desta resolución.

4. A publicación tanto das listas provisionais coma das definitivas de admitidos e excluídos ao proceso terán os efectos de comunicación ás persoas solicitantes e reclamantes, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

5. Contra a relación definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas poderase interpor recurso de alzada, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

Artigo 9. Realización das probas de avaliación en competencias clave

1. O lugar de realización das probas de avaliación en competencias clave será exposto na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. O calendario da convocatoria inclúese no anexo II desta resolución.

2. O/a candidato/a realizará unha proba por cada unha das competencias clave convocadas nas que se inscribise. A duración da proba en cada competencia clave é dunha hora.

3. Todas as persoas candidatas deberán presentarse no horario que figura no anexo II para ser chamadas por orde alfabética en chamamento único. Para a realización das probas de avaliación nas distintas competencias claves poderanse ditar instrucións específicas na orde de chamada das persoas admitidas nelas; as ditas instrucións serán publicadas na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar como mínimo 3 días antes da data de realización das probas.

4. Para a realización das probas as persoas aspirantes deberán ir provistas do documento nacional de identidade, do número de Identificación de estranxeiros ou do pasaporte. Tamén deberán levar bolígrafo de tinta de cor azul ou negra.

Nas probas de competencia matemática poderase acudir con calculadora.

5. O exame das competencias clave en Matemáticas estará redactado en galego e castelán; os exames de Comunicación en Lingua Galega, Comunicación en Lingua Castelá e de Comunicación en Lingua Inglesa estarán redactados na lingua obxecto da proba.

6. Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen as probas con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

7. As persoas participantes nas probas terán cuberto o risco de accidente derivado da asistencia a estas.

Artigo 10. Comisións de avaliación

1. A directora xeral de Emprego e Formación, por proposta da directora do Instituto Galego das Cualificacións, nomeará unha comisión de avaliación para as probas de competencia clave de nivel 2 e unha comisión de avaliación para as probas de competencia clave de nivel 3, que terán como sede o Instituto Galego das Cualificacións (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

2. Á vista do número de persoas inscritas nas probas poderase ampliar o número de comisións de avaliación. Así mesmo, poderase incorporar ás comisións de avaliación o número de vixiantes e correctores/as que se considere necesario.

3. No caso de nomear avaliadores/as auxiliares, estes formarán parte das comisións de avaliación para a realización das probas.

Artigo 11. Resultados da avaliación das probas

1. Os resultados da avaliación das probas estarán accesibles para as persoas que as realizaron nas listaxes provisionais que se poderán consultar na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar segundo o calendario previsto que figura no anexo II desta resolución. Estes resultados provisionais terán efectos de comunicación para todas as persoas participantes.

2. O resultado de apto suporá a superación da proba na correspondente competencia clave e o dereito do interesado ou da interesada a que se lle expida un documento acreditativo que certificará o resultado obtido segundo establece o artigo 9 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

Artigo 12. Reclamación contra as cualificacións

1. Contra a cualificación obtida poderá presentarse reclamación por escrito dirixida ao presidente ou presidenta da Comisión, no prazo de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das cualificacións, no Rexistro da Consellería de Traballo e Benestar, no Rexistro Xeral da Xunta en San Caetano (ambos en Santiago de Compostela), así como por calquera das formas establecidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. A publicación das listas definitivas de cualificacións terán efectos de comunicación ás persoas reclamantes, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

3. Contra a cualificación definitiva poderase interpor recurso de alzada, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

Artigo 13. Consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade

1. O Instituto Galego das Cualificacións adscrito á Dirección Xeral de Emprego e Formación segundo o artigo 20 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, será a unidade encargada da expedición e rexistro dos certificados de profesionalidade.

2. Para estes efectos, para aqueles casos nos que se superaron todos os módulos correspondentes a un certificado de profesionalidade, publicado a partir do 19 de xaneiro de 2008, e non puideron obter o diploma oficial do certificado de profesionalidade por non posuír a competencia en comunicación en Lingua Galega, poderán solicitar a acreditación oficial do correspondente certificado de profesionalidade, sempre que cumprisen no seu momento con algún dos requisitos formativos de acceso referidos no anexo III desta resolución.

Artigo 14. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Rexistros cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a: sx.traballo.benestar@xunta.es.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a directora do Instituto Galego das Cualificacións para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO II
Calendario do procedemento

Datas

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 10 de abril de 2015

Publicación da lista provisional de admitidos

7 de maio de 2015

Presentación de alegacións

Ata o 12 de maio de 2015

Publicación da lista definitiva de admitidos

20 de maio de 2015

Realización das probas:

Competencias clave de nivel 2

Competencias clave de nivel 3

Os dous niveis o día 23 de maio de 2015

Publicación dos resultados provisionais das probas

6 de xuño de 2015

Presentación de reclamacións

Ata o 10 de xuño de 2015

Publicación dos resultados definitivos das probas

20 de xuño de 2015

Lugar e horarios das probas

– Na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar publicarase o lugar de realización das probas.

– A distribución para a entrada dependerá do número de competencias clave nas que fosen admitidos.

– As listaxes de acceso estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar e nos paneis informativos situados para tal efecto no lugar onde se realicen as probas.

– Todos os candidatos deberán presentarse á hora indicada para ser chamados por orde alfabética.

Competencia clave

Día 23 de maio de 2015

Chamamento único

Matemáticas

Sesión de mañá

Nivel 2

9.00 horas

Lingua castelá

Lingua galega

Lingua estranxeira (inglés)

Matemáticas

Sesión de tarde

Nivel 3

15.30 horas

Lingua castelá

Lingua galega

Lingua estranxeira (inglés)

ANEXO III
Requisitos de acceso a certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional

A Orde do 7 de xaneiro de 2014 (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro) establece no seu artigo 2, os requisitos que as persoas aspirantes deberán cumprir para acceder á formación dos certificados elaborados en base ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP).

Nivel 2

Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2, considérase que posúen a formación básica necesaria as persoas que acrediten posuír as seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:

a) Certificado de profesionalidade de nivel 2.

b) Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.

c) Título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria (LOE).

d) Título de graduado ou graduada en educación secundaria (LOXSE).

e) Título profesional básico (Real decreto 127/2014).

f) Superar os módulos obrigatorios dun Programa de cualificación profesional inicial (PCPI).

g) Superar un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao medio en centros públicos ou privados autorizados pola Administración educativa.

h) Ter superada a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

i) Requisito académico de acceso a ciclos formativos de grao medio.

j) Título de técnico auxiliar (FP1).

k) Título de técnico (ciclo formativo de grao medio).

l) 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes entre os cursos de 1º e 2º de BUP.

m) 2º curso do primeiro ciclo experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).

n) Título de técnico deportivo.

o) Título de técnico de artes plásticas e deseño.

p) Oficialía industrial.

q) Título de técnico militar.

r) Tres cursos comúns do plan de 1963 ou 2º curso de comúns experimental, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.

s) Dous cursos comúns do plan experimental do ano 1984 (artes aplicadas e oficios artísticos).

t) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou para maiores de 45 anos.

u) Ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V desta resolución.

v) Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.

w) Calquera titulación, certificación ou acreditación que dea acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 3 de cualificación.

Nivel 3

Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 3, considérase que posúen a formación básica necesaria, as persoas que acrediten posuír as seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:

a) Certificado de profesionalidade de nivel 3.

b) Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.

c) Título de bacharelato LOE.

d) Título de bacharelato LOXSE.

e) COU.

f) PREU.

g) Segundo curso do bacharelato experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).

h) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

i) Posuír o título de técnico de grao medio e ter superado un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao superior en centros públicos ou privados autorizados pola Administración educativa.

j) Ter superada a proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

k) Título de técnico superior (ciclo formativo de grao superior).

l) Título de técnico especialista (FP2).

m) Título de perito mercantil.

n) Título de bacharelato laboral superior do plan do ano 1963.

o) Título de técnico superior de artes plásticas e deseño (segundo a especialidade cursada).

p) Título de técnico deportivo superior (segundo a modalidade).

q) Título de mestre ou mestra industrial.

r) Título de graduado ou graduada en cerámica e artes plásticas.

s) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou para maiores de 45 anos.

t) Ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V desta resolución.

u) Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores ou estudos superiores a estes.

ANEXO IV
Exencións ás probas de avaliación das competencias clave en
comunicación en lingua galega, nivel 2 e 3 de cualificación profesional

Estarán exentos de presentarse ás probas de avaliación na competencia clave de Comunicación en Lingua Galega as persoas aspirantes que presenten algún destes requisitos, segundo o nivel de cualificación profesional correspondente:

Nivel 2

a) Cumprir algún dos requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 do anexo III desta resolución.

b) Estar en posesión do certificado Celga 2.

c) Título de graduado escolar, sempre que se estudase toda a EXB en Galicia e se cursase de maneira oficial a materia de Lingua Galega en todos os cursos dos ditos estudos ou ben que se superase a materia de Lingua Galega nas probas libres tendentes a esta titulación.

d) Título de graduado escolar obtido por equivalencia cos estudos da ESO, ao abeiro do anexo I do Real decreto 986/1991, sempre que se cursase e aprobase a materia de Lingua Galega en todos os cursos.

e) Certificado de ter cursada e aprobada en Galicia de maneira oficial a materia de Lingua Galega en todos os cursos da educación primaria e máis en dous cursos da ESO.

f) Certificado de ter cursadas e aprobadas as materias de Ciencias Sociais e as materias optativas de galego da ESO nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, subscrito entre ambas as dúas comunidades.

g) Certificado de ter cursada e aprobada a materia optativa de Lingua Galega en primeiro e segundo de bacharelato do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, sempre que se teñan superadas as materias optativas de Lingua Galega en primeiro, segundo e terceiro da ESO ou se estea en posesión do Celga 1.

h) Certificado de ter cursadas e aprobadas nos sete cursos do nivel primario as materias correspondentes a cada curso de Lingua Galega e Literatura Galega e máis o certificado de ter cursadas e aprobadas nos tres primeiros cursos do nivel secundario as materias correspondentes a cada curso de Lingua e Literatura Galega, xunto coas de Historia e as de Xeografía de Galicia no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires.

i) Certificación oficial de ter superado o nivel intermedio (B1) das ensinanzas de galego da Escola Oficial de Idiomas expedida consonte o establecido no Decreto 191/2007.

j) Certificado do curso de nivel medio de lingua e cultura galegas para estranxeiros impartido polas universidades de Galicia, ata o 1 de setembro de 2007.

k) Certificado do nivel medio dos estudos de galego da UNED ata o 1 de setembro de 2007.

l) Superar estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V desta resolución, no relativo á competencia clave de Comunicación en Lingua Galega para o nivel 2.

m) Calquera certificación oficial que acredite ter adquiridos os coñecementos na competencia clave de Comunicación en Lingua Galega de nivel 3 de cualificación.

n) Superar con avaliación positiva unha acción formativa de competencia clave en Lingua Galega de nivel 2 dentro das especialidades formativas aprobadas pola Dirección Xeral de Emprego e Formación.

o) Outras acreditacións declaradas equivalentes ou superiores con algunha das anteriores.

Nivel 3

a) Cumprir algún dos requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 3 do anexo III desta resolución.

b) Estar en posesión do certificado Celga 3.

c) Título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) ou técnico auxiliar (FP1), sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase e aprobase de maneira oficial a materia de Lingua Galega en todos os cursos dos ditos estudos (ou, de ser o caso, se se superou a materia de Lingua Galega nas probas libres tendentes á titulación de FP1). Tamén se o título de ESO se obtivo despois de estudar un ano fóra de Galicia, sempre que non sexa o derradeiro.

d) Título de graduado en ESO se o título se obtivo superando o ámbito de comunicación no que estea incluída a materia de Lingua Galega en todos os cursos da educación secundaria para persoas adultas, nas probas libres para a obtención do graduado en ESO realizadas na Comunidade Autónoma de Galicia ou nos módulos formativos de carácter voluntario conducentes ao título de graduado en ESO do Programa de cualificación profesional inicial.

e) Título de graduado en ESO se o título se obtivo superando en Galicia de maneira oficial a materia de Lingua Galega en primeiro e segundo de ESO e o ámbito lingüístico e social –no que estea incluída a materia de Lingua Galega– do Programa de diversificación curricular. Se o alumno ou alumna se incorporou ao Programa de diversificación curricular en cuarto de ESO, deberá ter aprobada a materia de Lingua Galega en 3º de ESO.

f) A equivalencia co título de graduado en ESO por ter estudos parciais do bacharelato unificado polivalente, sempre que se cursase e superase a materia de Lingua Galega de 7º e 8º de EXB a partir do curso 1979-1980 e que ningunha das materias que se admite ter pendentes nos dous primeiros cursos do bacharelato sexa de Lingua Galega.

g) Certificado de ter cursadas e aprobadas as materias de Ciencias Sociais e as materias optativas de galego na ESO e no bacharelato nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e de Castela e León, subscrito entre ambas as dúas comunidades. Se só se teñen cursadas e aprobadas as materias de bacharelato, poderá obterse tamén a validación do Celga 3 se se acredita estar en posesión do Celga 2.

h) Certificado de ter cursadas e aprobadas as materias de Lingua e Literatura Galega en 4º e 5º do nivel secundario no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires, sempre que se conte co Celga 2 ou coa súa validación.

i) Certificado do ciclo elemental de galego expedido pola Escola Oficial de Idiomas ao abeiro do Real decreto 47/1992, do 24 de xaneiro.

j) Certificación oficial do nivel avanzado (B2) das ensinanzas de galego da Escola Oficial de Idiomas expedida consonte ao Decreto 239/2008, do 25 de setembro.

k) Estar en posesión do certificado de aptitude dos cursos de iniciación de Lingua Galega (segundo a Orde do 10 de febreiro de 2014).

l) Superar estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V desta resolución, no relativo á competencia clave de Comunicación en Lingua Galega para o nivel 3.

m) Superar con avaliación positiva unha acción formativa de competencia clave en Lingua Galega de nivel 3 dentro das especialidades formativas aprobadas pola Dirección Xeral de Emprego e Formación.

n) Outras acreditacións declaradas equivalentes ou superiores con algunha das anteriores.

ANEXO V
Validacións das competencias clave necesarias para a obtención dos certificados de profesionalidade de
nivel II por ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo

Competencia clave

Módulos IV das ensinanzas de secundaria para persoas adultas (Orde do 24 de xuño de 2008)1

Módulos IV das ensinanzas de secundaria para persoas adultas (Orde do 26 de maio de 1997)1

Probas libres para a obtención do graduado en secundaria (Orde do 19 de febreiro de 2009)2

Materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria1

Materias de 2º de BUP (Lei 14/1970, do 4 de agosto)1

Probas de acceso a ciclos de grao medio (Orde do 2 de decembro de 2008)3

Comunicación en Lingua Galega

Ámbito de comunicación

Ámbito de comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Lingua Galega e Literatura

Lingua Galega e literatura

Exención ou superación da parte sociolingüística

Comunicación en Lingua Castelá

Ámbito de comunicación

Ámbito de comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Lingua Castelá e Literatura

Lingua Española e Literatura

Exención ou superación da parte sociolingüística

Comunicación en Lingua Estranxeira

Ámbito de comunicación

Ámbito de comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Lingua Estranxeira

----------------------

Competencia Matemática

Ámbito científico-tecnolóxico

Ámbito tecnolóxico-matemático

Probas do ámbito científico-tecnolóxico

Matemáticas

Matemáticas

Exención ou superación da parte matemática

1Acreditarase a través de certificación académica expedida por un centro público.

2Acreditarase a través do certificado de superación das probas libres para a obtención do graduado en secundaria.

3Acreditarase a través do certificado de realización das probas de acceso a grao medio.

Nota: estas táboas poderían ter modificacións ou novas validacións ditadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de ser o caso.

Poderase acreditar a competencia clave de Comunicación en Lingua Estranxeira mediante un certificado oficial que se corresponda como mínimo cun nivel de usuario básico A2 do Marco común europeo para as linguas (MCERL) da lingua estranxeira en cuestión, as súas equivalencias ou algunha das validacións oficiais.

Outras validacións - nivel II

Certificación académica na que conste que superaron todas as materias de 5 cursos do bacharelato do Plan do 1957.

Validacións das competencias clave necesarias para a obtención dos
certificados de profesionalidade de nivel III por ter superados estudos de
bacharelato e probas do sistema educativo

Competencia clave

Materias de 2º curso de bacharelato1

Materias de COU1

Probas de acceso a ciclos de grao superior2

(Orde do 2 de decembro de 2008)

Competencia en Lingua Galega

Lingua Galega e Literatura II

Lingua Galega ou Literatura Galega

Superación ou exención de parte común

Competencia en Lingua Castelá

Lingua Castelá e Literatura II

Lingua Española

Superación ou exención de parte común

Comunicación en Lingua Estranxeira

Lingua Estranxeira II

Lingua Estranxeira

Superación ou exención de parte específica (opción A)

Competencia Matemática

Matemática II ou Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II

Matemática I ou Matemáticas II

Superación ou exención de parte común

1Acreditarase a través de certificación académica expedida por un centro público.

2Acreditarase a través do certificado de realización das probas de acceso a grao superior.

Nota: estas táboas poderían ter modificacións ou novas validacións ditadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de ser o caso.

Poderase acreditar a competencia clave de Comunicación en Lingua Estranxeira mediante un certificado oficial que se corresponda como mínimo cun nivel de usuario intermedio B1 do Marco común europeo para as linguas (MCERL) da lingua estranxeira en cuestión, as súas equivalencias ou algunha das validacións oficiais.

Outras validacións - nivel III

Ter un título de grao medio da mesma familia profesional que o certificado de profesionalidade ao que se quere acceder. Os títulos de FP1 non son equivalentes ao grao medio porque teñen equivalencia só para efectos profesionais, non académicos.

ANEXO VI
Certificados de profesionalidade con competencias clave
en linguas estranxeiras

Familia profesional: Administración e xestión

Código

Certificado de profesionalidade

Lingua estranxeira

ADGG0108

Asistencia á dirección

Inglés e outra lingua estranxeira

ADGG0208

Actividades administrativas na relación co cliente

Lingua estranxeira

ADGN0208

Comercialización e administración de produtos e servizos financeiros

Lingua estranxeira

ADGN0110

Xestión comercial e técnicas de seguros e reaseguros privados

Lingua estranxeira

Familia profesional: Comercio e márketing

Código

Certificado de profesionalidade

Lingua estranxeira

COML0109

Tráfico de mercadorías por estrada

Inglés

COML0209

Organización do transporte e a distribución

Inglés

COML0210

Xestión e control do aprovisionamento

Inglés

COML0211

Xestión comercial e financeira do transporte por estrada

Inglés

COMM0110

Márketing e compravenda internacional

Inglés e outra lingua estranxeira

COMM0112

Xestión de márketing e comunicación

Inglés

COMT0110

Atención ao cliente, consumidor ou usuario

Inglés

COMT0111

Xestión comercial inmobiliaria

Inglés

COMT0210

Xestión administrativa e financeira do comercio internacional

Inglés

COMT0411

Xestión comercial de vendas

Inglés

COMV0108

Actividades de venda

Inglés

Familia profesional: Hostalaría e turismo

Código

Certificado de profesionalidade

Lingua estranxeira

HOTA0308

Recepción en aloxamentos

Inglés

HOTG0108

Creación e xestión de viaxes combinadas e eventos

Inglés

HOTG0208

Venda de produtos e servizos turísticos

Inglés

HOTI0108

Promoción turística local e información ao visitante

Inglés

HOTR0209

Sumillería

Lingua estranxeira

HOTR0309

Dirección en restauración

Inglés

HOTR0409

Xestión de procesos de servizo en restauración

Inglés

HOTR0508

Servizos de bar e cafetaría

Inglés

HOTR0608

Servizos de restaurante

Inglés

HOTT0112

Atención a pasaxeiros en transporte ferroviario

Inglés

HOTU0111

Garda de refuxios e albergues de montaña

Lingua estranxeira

Familia profesional: Transporte e mantemento de vehículos

Código

Certificado de profesionalidade

Lingua estranxeira

TMVO0212

Asistencia a pasaxeiros, tripulacións, aeronaves e mercadorías en aeroportos

Inglés

TMVO0111

Tripulación de cabina de pasaxeiros

Inglés

Familia profesional: Marítimo- pesqueira

Código

Certificado de profesionalidade

Lingua estranxeira

MAPN0712

Operacións portuarias de carga, estiba, descarga, desestiba e transbordo

Inglés

Familia profesional: Téxtil, confección e pel

Código

Certificado de profesionalidade

Lingua estranxeira

TCPF0412

Asistencia técnica en loxística dos procesos de externalización da produción téxtil, pel e confección

Inglés

Familia profesional: Seguridade e medio ambiente

Código

Certificado de profesionalidade

Lingua estranxeira

SEAD0312

Teleoperacións de atención, xestión e coordinación de emerxencias

Inglés

*Poderán engadirse novas especialidades formativas que requiran un módulo de lingua estranxeira.

missing image file
missing image file