Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11956

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Mediante Resolución do 19 de decembro de 2014 (DOG núm. 248, do 29 de decembro) publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 procedéndose á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2015, por trámite anticipado de gasto.

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras, están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos nos ditos anexos para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, terase por desistido na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG107.2015.1.1

Certificadora Energética de Galicia, S.L.

B94081254

IG107.2015.1.2

Ángel Pérez, Enrique Miguel

36121248R

IG107.2015.1.3

Coedent Vigo, S.L.

B27808849

IG107.2015.1.4

Integralia Servicios Médicos, S.L.P.

B27805407

IG107.2015.1.5

Disalnes, S.L.

B94110293

IG107.2015.1.8

Autotres Bergantiños, S.L.

B70434634

IG107.2015.1.10

Porto González, Roberto

09806940Q

IG107.2015.1.12

Moreno de Heras, Juan Alfonso

08978630M

IG107.2015.1.16

López Brañas, Juan Carlos

32791735Z

IG107.2015.1.18

Rodríguez Tabaoada, Martín

44089889Q

IG107.2015.1.21

Renda Teijeiro, Sofía

76576178R

IG107.2015.1.22

Varela e Hijos Servicios de Hostelería, S.L.

B70440698

IG107.2015.1.23

Fernández Gómez, Alejandro

32707726R

IG107.2015.1.25

Gantes Castro, Álvaro

34893222Z

IG107.2015.1.27

González Liñares, María del Pilar

46906793H

IG107.2015.1.33

Polux Hispania, S.L.

B70370390

IG107.2015.1.34

Noal García, Víctor Manuel

76967317W

IG107.2015.1.35

Inversiones Shiso, S.L.

B70319223

IG107.2015.1.44

Confitería Dominga, S.L.

B70375712

IG107.2015.1.45

Pazo López, Esther

36170711Z

IG107.2015.1.47

Cal Lusquiños, Yulema

77407741E

IG107.2015.1.48

Pontecar Automoción, S.L.

B94114105

IG107.2015.1.49

Perfect Cosmetic, S.L.

B27459247

IG107.2015.1.50

Calles Casáis, María Jesús

35317585G

IG107.2015.1.51

Fernández Calvo, Isaura

76861771A

IG107.2015.1.52

Míguez Rodríguez, Isaac

77408004D

IG107.2015.1.53

Paleo Riveira, Amalia

33997387Y

IG107.2015.1.54

Paz Martínez, Rubén

35472102F

IG107.2015.1.56

Grupo Invicto, S.L.

B94087319

IG107.2015.1.62

Restavega, S.L.

B70429105

IG107.2015.1.63

Automatic Welding Services, S.L.

B70349584

IG107.2015.1.64

Bicas y Xilo, S.L.

CFIC86188

IG107.2015.1.66

Valper Desechables, S.L.

B70370234

IG107.2015.1.70

Nzs Auto Innovación, S.L.

B27813211

IG107.2015.1.71

Martín Puig, María Lourdes

77403739E

IG107.2015.1.73

Fernández Torrado, Roberto

52935763K

IG107.2015.1.76

Delfín Azul Inversiones, S.L.

B94111028