Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12099

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 24 de marzo de 2015 pola que se modifica a Orde do 21 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realicen prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil.

O obxecto da modificación desta orde é ampliar o prazo de presentación de solicitudes para favorecer a concorrencia a esta convocatoria pública de subvencións daquelas empresas ou grupos de empresas con centros de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia, no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con persoas novas, con ningunha ou moi escasa experiencia laboral, para a realización de prácticas non laborais, co fin de contribuír a mellorar a súa empregabilidade e ofrecerlles un primeiro contacto coa realidade laboral a través do achegamento a ela, ao tempo que contribúen a completar a formación acadada pola persoa nova.

Por todo o anterior, no uso das facultades que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 21 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realicen prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil.

Un. Modifícase o parágrafo 2 do artigo 6, que queda redactado como segue:

«2. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas comezará o día seguinte ao da publicación da presente orde e rematará o 31 de xullo de 2015».

Dous. Modifícase o parágrafo 2 do artigo 9, que queda redactado como segue:

«2. As resolucións deberán ditarse e ser notificadas aos interesados no prazo de 3 meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Transcorrido o citado prazo sen que recaese resolución expresa, a solicitude entenderase desestimada».

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar