Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12098

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 21 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 17, do martes 27 de xaneiro de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 3999, no parágrafo 5, na liña 2 da parte expositiva, onde di: «...cunha porcentaxe do 92,5 %...», debe dicir: «...cunha porcentaxe do 91,89 %...».

Na páxina 4000, no parágrafo 4 da parte dispositiva, onde di: «En particular, de acordo co artigo 14.2 do Regulamento 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello, conforme o disposto no artigo 67, número 1, letra d), e número 5, letra d), do Regulamento (UE) nº 1303/2013, poderase utilizar un importe a tanto global de ata o 40 % dos custos directos de persoal subvencionables para financiar o resto de los custes subvencionables da operación, sen que o Estado membro estea obrigado a efectuar cálculo ningún para determinar a taxa aplicable», debe dicir: «En particular, de acordo co artigo 67, número 1, letra d), e número 5, letra a), do Regulamento (UE) nº 1303/2013, poderase utilizar un importe a tipo fixo, determinado aplicando unha porcentaxe a unha ou a varias categorías definidas de custos».

Na páxina 4017, no artigo 22.2 d), na liña 4, onde di: «...nunha porcentaxe do 92,5 %», debe dicir: «...nunha porcentaxe do 91,89 %».

Na páxina 4027, no artigo 32.1 b), no parágrafo 3, onde di: «A xustificación destes custos, de conformidade co artigo 14.2 do Regulamento (UE) 1304/2013, do 17 de decembro, levarase a cabo a través da comprobación da efectiva realización da actividade e, significadamente, pola xustificación dos custos directos de persoal», debe dicir: «A xustificación destes custos levarase a cabo a través da comprobación da efectiva realización da actividade e, significadamente, pola xustificación dos custos directos de persoal».