Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12799

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015 pola que se aproba a listaxe provisional de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de médicos forenses convocada pola Orde do 29 de setembro de 2014.

En cumprimento do disposto na base cuarta do artigo 3 da Orde do 29 de setembro de 2014 pola que se establece o procedemento de selección e nomeamento de persoal interino do corpo de médicos forenses e se convoca a correspondente bolsa, e unha vez vistas as solicitudes presentadas polos aspirantes,

RESOLVO:

1. Aprobar as listaxes provisionais de aspirantes admitidos e excluídos das bolsas de traballo de médicos forenses e acordar a súa publicación no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet de Xustiza.

2. Os interesados terán dez días hábiles desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio de exposición das listas provisorias para reclamar sobre calquera dos datos contidos na lista ante o órgano que realizou a convocatoria.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza