Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 17 de abril de 2015 Páx. 14794

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 27 febreiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 12 de marzo), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14, e de conformidade co establecido no artigo 8 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Xurado de selección.

Presidenta: M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

M. Eugenia Pérez Fernández, subdirectora xeral de Formación Profesional.

Luis Mateo Sáez Abuín, xefe do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Jesús Manuel Rodríguez Buján, xefe do Servizo de Ordenación e Formación Profesional.

Elisa Isabel Amoedo Barciela, inspectora de educación.

Félix Perujo de Llano, inspector de educación.

José Luis Vázquez Fernández, inspector de educación.

Secretario: Miguel A. Rodríguez Méndez, funcionario da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que actuará con voz e sen voto.