O 27 de febreiro de 2014 o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Plan de axilización administrativa 2014/16 (Plan Achega) co obxectivo de acadar unha Administración máis áxil, eficiente e próxima nas súas relacións coa cidadanía.
Este plan recolle unha serie de medidas concretas destinadas a revisar no período 2014/16 os procedementos administrativos que a Administración galega pon á disposición dos cidadáns na Guía de procedementos e servizos, para melloralos, simplificalos e posibilitar a súa presentación electrónica, como garantía do principio de celeridade que a Administración galega asume dentro dos seus compromisos de actuación.
Como primeira actuación contida no Plan Achega, o 2 de maio de 2014 (DOG núm. 83) publicouse o Decreto 48/2014, do 30 de abril, polo que se autoriza o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para adaptar e incorporar á sede electrónica os procedementos administrativos da Xunta de Galicia.
Neste decreto estableceuse, ademais, que mediante orde do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza se adaptarán os procedementos administrativos, previamente revisados e simplificados, ao disposto nas guías para a habilitación de procedementos aprobadas polo Consello da Xunta do 25 de abril de 2013, actualizadas con posterioridade e, se for o caso, habilitarase a súa presentación electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Esta medida foi configurada como unha liña prioritaria de actuación polo Goberno galego posto que existen procedementos administrativos estáticos ou de prazo aberto para a presentación de solicitudes que, por estaren regulados en normas anteriores á posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia (Orde do 15 de setembro de 2011, DOG núm. 138, do 23 de setembro) aínda recollen a presentación exclusivamente presencial por parte dos seus destinatarios. Ademais, tamén se requiría determinada documentación que a lexislación vixente xa non permite solicitar e á cal a Administración galega xa pode acceder directamente mediante a plataforma de interoperabilidade administrativa.
Así, e en primeiro lugar, procedeuse á adaptación e incorporación á sede electrónica da Xunta de Galicia dos procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a través da Orde do 2 de xullo de 2014 (DOG núm. 132, do 14 de xullo).
A continuación, e seguindo a planificación establecida, levouse a cabo a revisión de todos os procedementos de prazo aberto correspondentes á Consellería do Medio Rural e do Mar por parte dos grupos de traballo constituídos para o efecto.
En concreto, foron revisados 145 trámites ou procedementos, o que deu como resultado o seguinte:
– 32 procedementos foron dados de baixa por ser obsoletos ou por non seren utilizados.
– 3 procedementos foron habilitados electronicamente a través da súa regulamentación específica.
– 1 procedemento mantense como presencial por impedimentos tecnolóxicos ao requirir unha dobre sinatura que aínda non admite a sede electrónica da Xunta de Galicia.
– 109 procedementos foron preparados para admitir a súa dispoñibilidade electrónica a través da presente orde. Ademais, cómpre destacar que 15 destes procedementos son novos e derivan doutros seis trámites que foron desagregados coa finalidade de clarificar e facilitar o seu uso e tramitación polos cidadáns.
Así pois, a partir da entrada en vigor desta orde, un total de 109 procedementos novos estarán dispoñibles electronicamente, o que contribuirá a seguir afondando no impulso dunhas relacións máis áxiles, simples e fluídas entre a Xunta de Galicia e o conxunto dos cidadáns.
Á vista do exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 34 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e de conformidade co establecido no Decreto 48/2014, do 30 de abril,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
A presente orde ten por obxecto adaptar e habilitar a presentación electrónica de solicitudes dos procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar que figuran no anexo desta orde.
Así mesmo, para os devanditos procedementos suprímese a exixencia da documentación que de acordo coa lexislación vixente non se pode solicitar para a súa tramitación ou á cal a Administración galega pode acceder directamente mediante a plataforma de interoperabilidade administrativa.
Artigo 2. Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 3. Documentación
1. A documentación complementaria, que figura no anexo de solicitude de cada procedemento, poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
2. A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
5. No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límites establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para isto, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Artigo 4. Información do estado da tramitación
A información personalizada sobre o estado de tramitación do procedemento, a relación dos actos de trámite realizados, a indicación do seu contido así como a data na que foron ditados, estará á disposición no cartafol do cidadán, con independencia da canle de presentación de solicitudes, en cumprimento do artigo 23 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Artigo 5. Protección de datos de carácter persoal
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación destes procedementos, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro dado de alta na Axencia de Protección de Datos cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento.
Disposición adicional única
Co obxectivo de manter adaptados á normativa vixente os formularios dos procedementos administrativos de prazo aberto que figuran no anexo da presente orde, poderán ser actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, sen necesidade de publicalos novamente no DOG, sempre que a modificación ou actualización non supoña unha modificación substancial. Por conseguinte, para a presentación das solicitudes será necesario utilizar os formularios normalizados, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente actualizados e accesibles para as persoas interesadas.
Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2015
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
Código |
Denominación |
MR203A |
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios |
MR203B |
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios |
MR205A |
Autorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal |
MR324A |
Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación |
MR330C |
Inscrición de entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria |
MR330D |
Autorización para impartición de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía agraria |
MR347A |
Inscrición no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia |
MR360B |
Autorización para o visado dos documentos de acompañamento R(CE) 436/2009 |
MR360C |
Declaración para a realización de determinadas prácticas enolóxicas R(CE) 606/2009 |
MR360D |
Inscrición no Rexistro de Embotelladores |
MR408B |
Inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) |
MR430A |
Rexistro de Produtores de Sementes e Plantas de Viveiro |
MR433A |
Aprobación do modelo de pasaporte fitosanitario |
MR433B |
Declaración anual de cultivos |
MR437A |
Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) |
MR437B |
Baixa no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) |
MR442A |
Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais |
MR461A |
Recoñecemento de produtores de produción integrada (Apria) |
MR461B |
Rexistro de Operadores de Produción Integrada |
MR461C |
Autorización de entidades de certificación |
MR461D |
Autorización para o emprego da identificación de garantía da Comunidade Autónoma de Galicia |
MR501A |
Inscrición no Rexistro de Explotacións Avícolas non Comerciais |
MR501C |
Recoñecemento e inscrición no Rexistro Galego de Asociacións de Criadores para a Xestión dos Libros Xenealóxicos de Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia |
MR502A |
Rexistro de Operadores Comerciais de Gando |
MR504A |
Rexistro de Transportistas e Vehículos para Transporte de Animais Vivos |
MR505A |
Autorización do veterinario para expedición de autorizacións de traslado de animais |
MR509A |
Recoñecemento e rexistro de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras |
MR510A |
Recoñecemento da persoa veterinaria responsable ou colaborador/a dos programas sanitarios da ADSG |
MR511A |
Modificación do Programa sanitario das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras |
MR512A |
Mantemento do recoñecemento e rexistro de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras |
MR513A |
Fusións de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras |
MR514A |
Integración de explotacións pertencentes a un concello diferente daquel onde unha ADSG estea recoñecida |
MR515A |
Declaración censual anual de explotacións gandeiras. Equino |
MR515B |
Declaración censual anual de explotacións gandeiras. Porcino |
MR515C |
Declaración censual anual de explotacións gandeiras. Cunícola |
MR515D |
Declaración censual anual de explotacións gandeiras. Avícola |
MR515E |
Declaración censual anual de explotacións gandeiras. Apicultura |
MR515F |
Declaración censual anual de explotacións gandeiras. Granxas de peletaría |
MR515G |
Declaración censual anual de explotacións gandeiras. Piscicultura |
MR515H |
Declaración censual anual de explotacións gandeiras. Pequenos ruminantes |
MR516A |
Autorización e rexistro de explotación apícola |
MR516C |
Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura |
MR516D |
Asentamentos apícolas en transhumancia |
MR516E |
Asentamentos apícolas |
MR543A |
Censo de produtores de cultivos relacionados coa peste do organismo nocivo tuta absoluta (Meyrick) |
MR560A |
Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia |
MR560B |
Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación |
MR561A |
Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras |
MR561B |
Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras |
MR608A |
Autorización de materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á silvicultura |
MR610A |
Autorización para a utilización do lume na eliminación de restos de aproveitamentos forestais ou silvícolas en zonas de especial risco de incendios forestais (ZER) |
MR615A |
Autorización de uso de maquinaria non forestal nin agrícola nas zonas próximas aos montes |
MR621A |
Inscrición no Rexistro Oficial de Provedores de Material Forestal de Reprodución de Galicia |
MR621B |
Inscrición no Rexistro de Campos de Plantas Nai de Galicia |
MR621C |
Notificación de obtención de material forestal de reprodución para propagación vexetativa ulterior |
MR621D |
Notificación previa de recolla de froitos, sementes, plantas e partes de plantas |
MR621E |
Notificación posterior á recolla de froitos, sementes, plantas e partes de plantas |
MR621F |
Notificación previa á extración e acondicionamento de sementes |
MR621G |
Notificación posterior á extracción e acondicionamento de sementes |
MR621H |
Declaración de sementado/propagación vexetativa |
MR621I |
Notificación de produción de planta |
MR621J |
Notificación de mestura de lotes |
MR621K |
Declaración anual de materiais forestais de reprodución |
MR631A |
Rexistro oficial de empresas autorizadas para a recepción de produtos forestais provenientes das zonas demarcadas |
MR673A |
Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal |
PE101A |
Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros |
PE401A |
Permiso de explotación para embarcación |
PE401B |
Permiso de explotación a pé (xeral, percebe ou poliquetos) |
PE401C |
Traslado do permiso de explotación para embarcación |
PE401D |
Permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar |
PE401E |
Transmisión do permiso de explotación de embarcacións |
PE401F |
Modalidade de marisqueo de percebe no permiso de explotación para embarcación |
PE401G |
Cambio de porto base |
PE402B |
Inscrición no censo de embarcacións autorizadas na reserva mariña Os Miñarzos |
PE402C |
Inscrición no censo de embarcacións autorizadas na reserva mariña Ría de Cedeira |
PE403F |
Autorización para a expedición de documentos por medio de talonarios |
PE403G |
Marca de calidade PescadeRías, de onde se non? |
PE404A |
Concesión do permiso de inmersión de especies mariñas |
PE405B |
Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo |
PE501A |
Autorización administrativa para a explotación de bancos naturais en dominio público |
PE502D |
Concesións temporais de carácter experimental en zona marítima |
PE503A |
Permiso de actividade para as instalacións de establecementos de acuicultura na parte litoral e interior da zona terrestre, ou para a súa modificación substancial na parte litoral |
PE503B |
Autorización para a ampliación ou remodelación de establecementos de acuicultura na zona terrestre, que non afecten o dominio público ou o volume da edificación |
PE504A |
Prórroga de establecementos de cultivos mariños e auxiliares |
PE504E |
Prórroga das concesións experimentais |
PE505A |
Autorización para cambios de sistema en viveiros de cultivos mariños |
PE506A |
Autorizacións para cambios de localización de viveiros |
PE506B |
Permuta de puntos de fondeadura entre viveiros de cultivos mariños |
PE507A |
Autorización para cambios de dominio de establecementos de cultivos mariños e auxiliares-transmisión inter vivos do permiso |
PE507B |
Autorización para cambios de dominio de establecementos de cultivos mariños e auxiliares-transmisión mortis causa do permiso |
PE507E |
Autorización para cambios de dominio mortis causa de viveiros experimentais |
PE508A |
Autorizacións para cambios de especies nos viveiros |
PE510A |
Autorizacións para ampliacións de especies autorizadas en establecementos de acuicultura situados na zona terrestre e marítimo-terrestre |
PE512A |
Traslado de moluscos entre viveiros da mesma provincia |
PE512B |
Traslado de moluscos entre viveiros situados en distinta provincia |
PE515A |
Autorización extracción de semente de mexillón polos concesionarios dos viveiros |
PE515B |
Habilitación para a extracción de semente de mexillón mediante acordo entre concesionarios de viveiros ou as súas asociacións e as confrarías de pescadores ou agrupacións de mariscadores |
PE616A |
Tarxeta de identidade marítima náutica de recreo |
PE621A |
Autorización de intervención subacuática |
PE621B |
Tarxeta de mergullo profesional |
PE621C |
Certificado de especialidade de mergullo profesional |
PE621D |
Libro diario de mergullo profesional |
PE621E |
Curso para a expedición da tarxeta de mergullo profesional |
PE621F |
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo |
PE621G |
Tarxeta da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo |
PE624A |
Rexistro de buques de pesca e outros recursos mariños vivos; auxiliares de pesca, de explotacións de acuicultura e artefactos dedicados ao cultivo ou estabulación de especies mariñas |
PE627A |
Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeira venda en lonxa |
PE713A |
Permiso de inmersión de organismos nos centros de acuicultura de augas continentais |
PE715B |
Anotación no Rexistro de Centros de Acuicultura |