Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de abril de 2015 pola que se notifica o Acordo do 12 de febreiro de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 2, sito en Zas, relativo ao proxecto 01171 (expediente 2012/000162).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a María Josefa Castiñeira Quintáns o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 12 de febreiro de 2015, que fixa o prezo xusto do predio nº 2, sito en Zas, relativo ao proxecto 01171, expediente 2012/000162, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01171-LMT, CT e RBT Campos-Muíño. Exp. IN407A 08/419. TM Zas.

Nº de expediente: 2012/000162.

Persoa que se notifica: María Josefa Castiñeira Quintáns.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial da Coruña.

Expropiada: María Josefa Castiñeira Quintáns.

Beneficiaria: Electra del Jallas, S.A.

Predio nº: 2.

Concello: Zas.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 1.242,76 €.