Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de abril de 2015 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 203001357 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01377, LMT, CT e RBT Beloso. Exp. IN407A 2012/5-4. TM Bueu.

Concello: Bueu.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Pontevedra. Oficina de Vigo.

Beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

José Fazanes García e outra

Benito Estévez Lino

María del Carmen Garrido Novo

Tomás Costas Amoedo

Tomás Rodríguez Sánchez

18.12.2014

18.12.2014

18.12.2014

18.12.2014

18.12.2014

2013001357

2013001359

2013001365

2013001368

2013001394

11

13

20

23

49

114,67

55,01

303,76

1.325,19

506,30