Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16760

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

De conformidade co establecido na disposición transitoria primeira da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Convocar a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que se celebrará os días 28 e 29 de maio de 2015, ás 9.30 horas, nunha localidade da Ribeira Sacra.

Segundo. A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2015

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que se celebrará os días 28 e 29 de maio de 2015, ás 9.30 horas,
nunha localidade da Ribeira Sacra

1. Constitución da comisión.

2. Informe do secretario xeral da Emigración sobre o estado das liñas de actuación da secretaría xeral.

3. Informe sobre o desenvolvemento da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

4. Informe preceptivo da Comisión Delegada sobre as solicitudes de recoñecemento da condición de comunidade galega.

5. Rogos e preguntas.