Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19730

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 19 de maio de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o exercicio orzamentario de 2015 das axudas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013.

Mediante a Orde do 30 de decembro de 2014 (DOG núm. 11, do 19 de xaneiro de 2015) establecéronse as bases e convocáronse para o ano 2015 as axudas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013.

No artigo 19, relativo ao financiamento destas axudas, detállanse a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para elas, así como a posibilidade de incrementar a cantidade fixada anteriormente con fondos adicionais, comunitarios, estatais ou da comunidade autónoma, de acordo co establecido no punto 2 do artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Ley 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Tendo en conta o elevado número e a dimensión das solicitudes de axuda que se recibiron e a necesidade dun maior financiamento, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas, sempre que cumpran co establecido na orde desta consellería citada anteriormente.

En virtude do exposto, e de acordo co establecido no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG núm. 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o exercicio orzamentario de 2015 das axudas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013 (DOG núm. 11, do 19 de xaneiro de 2015), nos seguintes importes e aplicacións dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2015.

Importe

Proxecto

Partida orzamentaria

700.000,00 €

2011-00715

2015-12-22-713D-7810

Tras esta ampliación, a dotación orzamentaria total da convocatoria queda, polo tanto, establecida en dous millóns catrocentos sesenta mil euros (2.460.000 €).

Disposición adicional

O incremento de crédito previsto no artigo único non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 30 de decembro de 2014.

Disposición derradeira

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes desde a súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar