Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19732

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2015 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións a producións e coproducións de contido cultural galego e se convocan para o ano 2015.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores. A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, ao tempo, aumentar a exportación. Os destinatarios da Axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine, na súa exposición de motivos, «a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía. Como manifestación artística e expresión creativa, é un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, coa desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto coa súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da que sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, áchase presente en todos os ámbitos da sociedade actual».

Segundo establece o Regulamento UE nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións e o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior de acordo co artigo 107, punto 3, do Tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, punto 3, do Tratado, sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible na presente convocatoria. De conformidade co artigo 54 do regulamento, «co fin de evitar erros manifestos á hora de cualificar un produto como cultural, cada Estado membro establecerá procesos eficaces, como a selección de propostas por unha ou varias persoas encargadas da selección, ou a verificación con respecto a unha lista predeterminada de criterios culturais». Na presente convocatoria establécese a selección por parte de unha comisión de selección da que formarán parte expertos independentes, e por outra banda, establécense unha lista de criterios que a comisión debe seguir á hora da avaliación para a concesión das axudas a obras audiovisuais.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado en tres premisas substanciais:

1. O impulso do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico para a comunidade.

2. A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.

3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, apróbase a convocatoria pública de subvencións á produción audiovisual para o exercicio 2015 de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto, finalidade e principios de xestión

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír ao fomento da produción da actividade audiovisual galega, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2015.

2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e dos seus organismos dependentes.

3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade.

4. No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2015.

d) Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas da Administración pública galega.

e) Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

E, supletoriamente:

f) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico, que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.

g) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

h) Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

7. As subvencións serán concedidas, de acordo cos principios sinalados no parágrafo anterior, mediante o procedemento de concorrencia competitiva.

Segunda. Beneficiarios

1. Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia. Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle televisiva privado, nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

2. En calquera caso, a consideración dos proxectos como incentivables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan da calidade da proposta, do seu carácter cultural, da súa achega ao tecido industrial galego e do grao de desenvolvemento en canto aos traballos previos realizados e ás condicións económico-financeiras do proxecto. As subvencións que se concedan deberán ter efecto incentivador, polo que a solicitude deberá terse presentado antes do comezo do proxecto.

3. Non poderán ser destinatarios das subvencións previstas nesta convocatoria as empresas produtoras que só teñan unha participación financeira no proxecto de longametraxe.

4. Só poderán participar nesta convocatoria aquelas produtoras que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual.

5. Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por un mesmo solicitante, só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por solicitante. No caso de que varios proxectos se consideren subvencionables, optarase polo que teña maior puntuación. Dentro da mesma convocatoria non poderán presentar o mesmo proxecto distintas empresas ou entidades nin tampouco se poderá presentar un mesmo proxecto a distintas modalidades.

6. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, así como ás empresas en crise, tal e como establecen os artigos 1 e 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

7. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Terceira. Modalidades

1. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:

1.a) Modalidade A: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de ficción, segundo as seguintes submodalidades:

– Modalidade A.1: longametraxes de ficción de autoría galega que poñan en valor a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego, posúan unha alta capacidade de internacionalización e o seu orzamento total non supere o importe de 1.200.000 €.

– Modalidade A.2: longametraxes que posúan un especial valor cinematográfico, cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego, teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional e conten cun orzamento total de produción superior a 1.200.000 euros.

1.b) Modalidade B: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de animación que posúan un especial valor cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional.

1.c) Modalidade C: produción e coprodución de longametraxes documentais con especial valor cinematográfico que non empreguen como especial instrumento a recreación de ficción.

1.d) Modalidade D: produción de curtametraxes de ficción, animación e documental de autoría galega e en versión orixinal galega, cunha duración máxima de 30 minutos.

1.e) Modalidade E: producións ou coproducións de autoría galega destinadas a ser emitidas por televisión de acordo coas seguintes submodalidades:

– Modalidade E1. Longametraxes e miniseries televisivas de ficción de autoría galega que promovan a cultura galega empreguen e salienten os valores creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e teñan un decidido propósito de difusión. Consideraranse longametraxes de ficción para televisión aquelas producións que teñan unha duración mínima de 60 minutos. Considerarase miniseries de ficción aquelas produción de 2 capítulos que teñan unha duración mínima de 52 minutos cada un.

– Modalidade E2. Longametraxes documentais para televisión de autoría galega que contribúan á difusión da cultura galega, a poñer en valor as manifestacións creativas e artísticas galegas ou aborden calquera aspecto da realidade social galega, pero sen empregar como principal instrumento a recreación de ficción. As longametraxes documentais para TV deberán ter un mínimo de 52 minutos de duración.

– Modalidade E3. Series de animación infantil e xuvenil destinadas a ser emitidas por televisión que destaquen polo seu carácter innovador, fomenten a aplicación das novas tecnoloxías da produción e teñan unha clara vocación de comercialización a nivel nacional e internacional. As series de animación deberán ter unha duración mínima global de 80 minutos.

2. Para acceder á modalidade E é requisito obrigatorio presentar contrato ou carta de compromiso, con especificación do contido económico do acordo, dunha emisora de televisión con ampla difusión no territorio galego. No caso de documentais televisivos, a achega que proveña das canles de TV debe ser, como mínimo, do 25 % do orzamento total do proxecto. Non poderán aceder a esta subvención proxectos financiados nunha porcentaxe igual ou superior a un 75 % por unha única emisora de televisión.

3. Entenderase por longametraxe cinematográfica (modalidades A, B e C) aquela produción de máis de 60 minutos de duración.

4. Entenderase por produción de autoría galega aquela en que dous dos seguintes profesionais: director, guionista ou produtor executivo, conten con máis de dous anos de actividade profesional acreditada en Galicia.

5. Entenderase obra de animación en versión orixinal galega aquela que utilice a lingua galega como idioma orixinal na primeira sonorización da película.

6. Límites.

As contías máximas que se adxudicarán para cada un dos proxectos das distintas modalidades serán dunha porcentaxe sobre o custo subvencionable do 50 % e, ademais, non superarán as seguintes cantidades:

Modalidade

A: Longametraxes cinematográficas de ficción

B: Longametraxes cinematográficas de animación

C: Longametraxes cinematográficas documentais

D: Curtametraxes de ficción, animación e documental

E: Televisión

A.1 e A2

E.1: longas e miniseries

E.2: documentais

E.3: Series anim inf_xuv

VO non galega

240.000,00 €

240.000,00 €

60.000

-

140.000 /240.000 €

25.000,00 €

150.000,00 €

VO galega

260.000,00 €

260.000,00 €

80.000

12.000

160.000 /260.000 €

45.000,00 €

170.000,00 €

7. Concorrencia de subvencións.

Seguindo os límites establecidos no artigo 54 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas, sempre que a intensidade de axuda non exceda o 50 % dos custos subvencionables, de conformidade cos límites establecidos polo artigo 54 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado. No suposto de coproducións, a efectos de control das axudas e subvencións, teranse en conta a totalidade das recibidas para o proxecto, con independencia da entidade que reciba a subvención.

Cuarta. Procedemento, orzamento e imputación de créditos e contía

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

2. Estas subvencións terán carácter trianual ou bianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano 2015 correspondente á convocatoria e a data máxima de xustificación establecida na presente convocatoria para cada modalidade.

3. O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 2.000.000 euros, distribuídos por anualidades: 200.000 euros para o exercicio 2015, 600.000 euros para o exercicio 2016 e 1.200.000 euros para o exercicio 2017, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic, coa seguinte distribución:

– 60.000 euros para a modalidade D, con carácter bianual: 30.000 para a anualidade 2015 e 30.000 para a anualidade 2016.

– 1.940.000 euros, para o resto das modalidades, con carácter trianual: 170.000 euros para a anualidade 2015, 570.000 euros con cargo ao exercicio 2016 e 1.200.000 euros con cargo ao exercicio 2017. Deste orzamento, 1.440.000 euros resérvanse para as modalidades A1, A2, B e C, sen prexuízo de reasignar as cantidades entre as distintas modalidades se non hai suficientes proxectos que acaden a puntuación exixida.

4. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. A alteración da distribución establecida nesta convocatoria non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Quinta. Inicio do procedemento: presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Estas bases, as solicitudes e os anexos que se xuntan, así como a guía de procedementos e servizos estarán dispoñibles no seguinte enderezo web https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos, nas dependencias desta axencia e na súa páxina web, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sexta. Prazo

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o interesado será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei, segundo o previsto no artigo 71.

Sétima. Documentación requirida aos solicitantes

1. Ademais da solicitude (anexo I), os interesados nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación, mediante orixinal ou copia compulsada ou debidamente autenticada:

a) Se o solicitante é unha persoa física, copia do DNI ou NIE do solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

b) Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda (9611), no exercicio actual, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.

c) Se o solicitante é unha persoa xurídica:

– Copia do NIF ou documento equivalente, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.

– Copia dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.

– Documentación que acredite de forma suficiente a representación de quen asina a solicitude.

– Copia do DNI ou NIE do representante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

– Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

2. Ademais, as solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación técnica, ordenada segundo a relación seguinte:

1. Documentación relativa á empresa, en que deberá constar:

a) Historial creativo, profesional e financeiro da empresa produtora. No caso de compañías de nova creación, historial do produtor executivo ou produtora executiva.

b) Se é o caso, documentación que acredite a traxectoria en canto a presenza en festivais internacionais e presenza en salas comerciais das longametraxes producidas pola empresa produtora solicitante. No caso de compañías de nova creación, traxectoria neste aspecto do produtor executivo.

2. Documentación relativa ao proxecto, en que deberá constar:

a) Datos identificativos do proxecto, especificando a versión lingüística orixinal da obra.

b) Sinopse argumental cunha extensión máxima dunha folla.

c) Descrición de intencións do proxecto audiovisual en canto ao tratamento formal, deseño da produción, distribución de papeis e outros elementos artísticos e técnicos en relación co guión proposto.

d) Plan de traballo que inclúa:

i) Cronograma de preprodución, produción e posprodución coas datas de inicio e finalización de rodaxe previstas.

ii) Lugares de localización.

iii) Recursos humanos e de produción que intervirán na execución do proxecto (relación nominal ou, de non estar en condicións de detallala, relación dos profesionais dos equipos creativo e artístico e relación de empresas auxiliares).

e) Guión.

f) Documentación compulsada ou cotexada e acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.

g) No caso de obras de autoría galega, contratos ou cartas de compromiso asinados en que consten as cantidades económicas acordadas co: director, guionista, produtor executivo (segundo proceda).

h) Historial, facendo especial mención aos traballos previos no ámbito audiovisual dos seguintes profesionais, sempre que se poida acreditar o seu compromiso de participación no proxecto: director, guionista, produtor executivo, actores protagonistas e secundarios, director de fotografía, director artístico, deseñador de personaxes e fondos (animación), compositor da banda sonora orixinal. Contratos asinados ou cartas de compromiso que detallen as cantidades económicas, se os houber, cos profesionais relacionados. De ser o caso, especificación da condición de director novel e especificación da porcentaxe de mulleres entre os profesionais mencionados.

i) Orzamento definitivo segundo os modelos publicados na páxina web da Agadic.

j) Plan de financiamento e, de ser o caso, documentación xustificativa de dereitos de recibir axudas ou subvencións, contratos ou cartas de interese relativos á explotación da obra en que se detallen as cantidades económicas (coprodución, vendas ou cesión de dereitos con empresas titulares da explotación de canles de televisión, vendas internacionais, dereitos de distribución), acordos de compromisos de investimento privado e achega de fondos propios.

k) Estratexia de márketing nacional e internacional. Se hai empresa de distribución interesada, historial dela. No caso de empresas distribuidoras de recente creación, currículo dos administradores da compañía.

3. As seguintes declaracións e/ou compromisos responsables, recollidos no anexo I:

a) No caso de obras de autoría galega, declaración responsable en que conste a antigüidade de máis de dous anos de actividade profesional en Galicia de dous dos profesionais seguintes: director, guionista, produtor executivo.

b) Se é o caso, declaración de que o proxecto tivo unha subvención para a escrita de guión ou desenvolvemento de proxectos en anteriores convocatorias da consellería competente en materia de Cultura, ou da Agadic.

c) Declaración que especifique a lingua orixinal de rodaxe/gravación e na que conste a porcentaxe.

d) Declaración en que conste a porcentaxe de días de rodaxe que se desenvolverá en Galicia. No caso de proxectos de animación: porcentaxe de utilización de estudios principais de animación que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia.

e) Declaración responsable coa relación de empresas auxiliares que desenvolven a súa actividade en Galicia e interveñen na produción.

f) Declaración responsable que exprese a vinculación profesional con Galicia do equipo creativo (director, guionista, produtor executivo, director de produción, director de fotografía, responsable do son directo, compositor da B.S.O., director artístico, deseñador de personaxes e fondos, montador e outros profesionais creativos que interveñan na produción) e do equipo de actores.

g) Declaración en que conste se a obra será ou non a primeira ou segunda película longametraxe do director.

h) Declaración en que conste a porcentaxe de financiamento do proxecto debidamente acreditado.

4. Calquera outra documentación que o solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel (sen encadernar) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Oitava. Autorizacións e consentimentos

1. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, e deberá presentar, entón, a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

2. A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

3. Coas solicitudes das persoas interesadas deberanse achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia, a Agadic publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

Novena. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Subvencións, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Galega das Industrias Culturais. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Agadic, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a: agadic@xunta.es.

Décima. Procedemento de concesión das subvencións: instrución e competencia para a avaliación das solicitudes

1. A dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude do cal se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria aos interesados, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou aos profesionais ou expertos consultados. En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirir os solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases. Para estes efectos, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación administrativa necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración.

Décimo primeira. Comisión de valoración

1. Para a avaliación dos proxectos presentados constituirase unha comisión de valoración, que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados nestas bases.

2. A comisión de valoración estará formada polo director da Agadic, que a presidirá, e catro vogais:

– Un representante da TVG, nomeado polo/a director/a da RTVG.

– Dous profesionais de recoñecido prestixio no mundo cultural e/ou audiovisual, nomeados pola Dirección da Agadic.

– Un/unha profesional pertencente ao cadro de persoal da Agadic, nomeado pola Dirección da Agadic.

Actuará como secretario ou secretaria unha persoa designada pola Dirección da Agadic, pertencente ao cadro de persoal da Agadic con voz e sen voto. Os membros da comisión declararán por escrito que non terán relación cos solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes, nin cos proxectos que participan na correspondente convocatoria anual.

3. A asignación dos importes das subvencións realizarase, separadamente para cada modalidade, en relación coa puntuación recibida por cada proxecto, e atendendo ao orzamento subvencionable e á solicitude, con atención ás contías máximas establecidas na presente convocatoria. De non esgotarse o crédito asignado a determinada modalidade, este poderá asignarse a outra que por número e calidade de proxectos presentados así o requira. Unha vez entregado o informe preceptivo por parte da comisión de valoración, a Dirección da Agadic elaborará a proposta de resolución e indicará o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas.

Décimo segunda. Criterios de valoración

1. Os criterios de avaliación serán os seguintes:

MODALIDADES A1, A2, E1–FICCIÓN: PROXECTOS DE LONGAMETRAXE PARA CINE E LONGAMETRAXE OU MINISERIE PARA TELEVISIÓN

MÁXIMO 150 PUNTOS

A) Calidade do proxecto

Máximo 40 puntos

1. Calidade e interese da proposta. Valoraranse a idea central e a orixinalidade do argumento, a definición do público obxectivo, o potencial de difusión e comercialización e a súa contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do director, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 20 puntos que se outorgarán en proporción á concorrencia dos aspectos citados

2. Guión. Valorarase a creatividade, o valor artístico, a liña editorial, a estrutura e a narrativa. Teranse en conta tamén os traballos previos en canto a análise, diálogos e demais tarefas propias do desenvolvemento ata a data de presentación da solicitude.

Máximo 15 puntos que se outorgarán proporcionalmente ao desenvolvemento

acadado

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou a escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic e que xa recibisen o aboamento final da contía da axuda no momento de presentar a solicitude.

5 puntos

B) Contribución cultural

Máximo 20 puntos

1. Lingua orixinal de rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto de diálogos ou narración). Máximo 10 puntos:

Máximo 10 puntos

a) Do 50 % ao 60 % en galego

4 puntos

b) Do 61 % ao 75 % en galego

6 puntos

c) Do 76 % ao 90 % en galego

8 puntos

d) Do 91 % ao 100 % en galego

10 puntos

2. Interese cultural da proposta. Valoraranse os seguintes aspectos: a contribución do proxecto ao enriquecemento da cultura audiovisual galega; a posta en valor do talento creativo e artístico galego; estar baseado nunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega; que a trama narrativa verse sobre personaxes reais ou de ficción residentes en Galicia ou na Unión Europea; que aborde temas referidos á realidade cultural, social ou política de Galicia ou da Unión Europea; que a acción se desenvolva en Galicia ou na Unión Europea ou que utilice o patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego ou de calquera outro territorio da Unión Europea.

10 puntos para aqueles proxectos que cumpran 2 dos aspectos mencionados

C) Impulso da cinematografía galega e contribución á promoción do talento galego

Máximo 50 puntos

1. Rodaxe en Galicia. Porcentaxe de rodaxe ou gravación da longametraxe que se levará a cabo en localizacións, espazos escénicos e estudios cinematográficos de Galicia:

Máximo 10 puntos

– 25 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

4 puntos

– Do 26 % ao 50 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

6 puntos

– Do 51 % ao 75 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

8 puntos

– Máis do 75 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

10 puntos

2. Traballos realizados por empresas auxiliares que desenvolven a súa actividade en Galicia:

Máximo 8 puntos

Posprodución de imaxe

3 puntos

Posprodución de son e dobraxe

3 puntos

Arte (escenografía, iluminación, vestiario, outros)

2 puntos (1 por cada servizo)

3. Equipo creativo vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a autoría sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis de dúas funcións:

20 puntos

1. Director

4 puntos

2. Guionista

3 puntos

3. Produtor executivo

2 puntos

4. Director de produción

1 punto

5. Director de fotografía

2 punto

6. Son directo

1 punto

7. Compositor da B.S.O.

2 puntos

8. Director artístico

1 punto

9. Montador

2 puntos

10. Outros

2 puntos (1 punto por cada membro adicional)

4. Equipo artístico vinculado profesionalmente con Galicia:

6 puntos

a) Actor protagonista 1º

2 puntos

b) Actor protagonista 2º

2 puntos

c) Actor secundario 1º

1 punto

d) Actor secundario 2º

1 punto

5. Director novel (primeira ou segunda película)

2 puntos

6. Dirección integramente a cargo dunha muller

2 puntos

7. Porcentaxe de mulleres no equipo creativo (excluíndo dirección) superior ao 50 %

2 puntos

D) Viabilidade económica e industrial

Máximo 40 puntos

1. Viabilidade económica e coherencia do plan de financiamento con respecto á memoria do proxecto presentada. Porcentaxe de financiamento acreditado mediante documentación xustificativa de: dereitos a recibir axudas ou subvencións, contratos ou cartas de interese relativos á explotación da obra en que se detallen as cantidades económicas (coprodución, cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Só se valorará unha porcentaxe máxima do orzamento subvencionable como achega de fondos propios que será do 10 % no caso da submodalidade A1 e do 5 % nas submodalidades A2 e E1:

Máximo 15 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

2. Solvencia técnica da produtora solicitante. Terase en conta o número de obras audiovisuais que cumpran dúas das seguintes condicións: presenza das ditas obras en seccións oficiais a concurso de festivas de cine nacionais e/ou internacionais de recoñecido prestixio; obtención de premios audiovisuais de ámbito autonómico, nacional ou internacional; distribución e exhibición nacional ou internacional; vendas internacionais; repercusión en televisións dos ámbitos autonómico, nacional ou internacional. No caso de produtoras de recente creación, terase en consideración a experiencia do produtor executivo. No caso de que as obras acreditadas sexan curtametraxes, a puntuación reducirase á metade, contabilizando un máximo de 4 producións.

2 puntos por cada obra cun máximo de 10 puntos

3. Deseño da produción: terase en conta o grao de definición dos aspectos visuais e espaciais que se recrearán na produción como escenarios, referencias temporais, sociais e culturais, aderezos, ou todos aqueles elementos que contribúan á ambientación da obra audiovisual.

Valorarase a súa incidencia nos custes do proxecto,

con un máximo de

5 puntos, asignados proporcionalmente ao

grado de definición

4. Estratexia de difusión e márketing. Teranse en conta o potencial do proxecto para a súa promoción e comercialización nacional e internacional, as accións deseñadas, o seu grao de desenvolvemento e a súa coherencia co proxecto presentado. Tamén se valorará o posible interese de distribuidoras e axencias de venda.

Máximo 10 puntos, en proporción aos criterios acreditados na estratexia

MODALIDADES C, E2–DOCUMENTAL: PROXECTOS DE LONGAMETRAXE PARA CINE E TELEVISIÓN

MÁXIMO 130 PUNTOS

A) Calidade do proxecto

Máximo 30 puntos

1. Calidade e interese da proposta. Valoraranse a idea central e a orixinalidade do argumento, a definición do público obxectivo, o potencial de difusión e comercialización e a súa contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do director, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 20 puntos que se outorgarán en proporción á concorrencia dos aspectos citados

2. Guión, tratamento ou escaleta. Valoración dos recursos narrativos que se pretenden utilizar. Teranse en conta os traballos previos de investigación, o estudo e análise de personaxes, localizacións onde se desenvolve a historia, circunstancias sociais e temporais e de todos aqueles factores que definirán a obra audiovisual.

Máximo 10 puntos que se outorgarán proporcionalmente ao grao de desenvolvemento acadado

B) Contribución cultural

Máximo 20 puntos

1. Lingua orixinal de rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto de diálogos ou narración). Máximo 10 puntos:

Máximo 10 puntos

a) Do 50 % ao 60 % en galego

4 puntos

b) Do 61 % ao 75 % en galego

6 puntos

c) Do 76 % ao 90 % en galego

8 puntos

d) Do 91 % ao 100 % en galego

10 puntos

2. Interese cultural da proposta. Valoraranse os seguintes aspectos: a contribución do proxecto ao enriquecemento da cultura audiovisual galega; a posta en valor do talento creativo e artístico galego; estar baseado nunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega; que a trama narrativa verse sobre personaxes reais ou de ficción residentes en Galicia ou na Unión Europea; que aborde temas referidos á realidade cultural, social ou política de Galicia ou da Unión Europea; que a acción se desenvolva en Galicia ou na Unión Europea ou que utilice o patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego ou de calquera outro territorio da Unión Europea.

10 puntos para aqueles proxectos que cumpran 2 dos aspectos mencionados

C) Impulso da cinematografía galega e contribución á promoción do talento galego

Máximo 40 puntos

1. Rodaxe en Galicia. Porcentaxe de rodaxe ou gravación da longametraxe que se levará a cabo en localizacións, espazos escénicos e estudios cinematográficos de Galicia:

Máximo 10 puntos

– 25 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

4 puntos

– Do 26 % ao 50 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

6 puntos

– Do 51 % ao 75 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

8 puntos

– Máis do 75 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

10 puntos

2. Traballos realizados por empresas auxiliares que desenvolven a súa actividade en Galicia:

Máximo 8 puntos

Posprodución de imaxe

3 puntos

Posprodución de son e dobraxe

3 puntos

Outras

2 puntos (1 por cada servizo)

3. Equipo creativo vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a autoría sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis de dúas funcións:

16 puntos

1. Director

4 puntos

2. Guionista (non puntuará no caso de entregar tratamento ou escaleta)

3 puntos

3. Produtor executivo

2 puntos

4. Director de fotografía

2 puntos

5. Son directo

1 punto

6. Montador

2 puntos

7. Outros

2 puntos (1 punto por cada membro adicional)

4. Director novel (primeira ou segunda longametraxe)

2 puntos

5. Dirección integramente a cargo dunha muller

2 puntos

6. Porcentaxe de mulleres no equipo creativo (excluíndo dirección) superior ao 50 %

2 puntos

D) Viabilidade económica e industrial

Máximo 40 puntos

1. Viabilidade económica e coherencia do plan de financiamento con respecto á memoria do proxecto presentada. Porcentaxe de financiamento acreditado mediante documentación xustificativa de: dereitos a recibir axudas ou subvencións, contratos ou cartas de interese relativos á explotación da obra en que se detallen as cantidades económicas (coprodución, cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Só se valorará unha porcentaxe máxima do 10 % como achega de fondos propios no caso das documentais cinematográficas (modalidade C):

Máximo 15 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

2. Solvencia técnica da produtora solicitante. Terase en conta o número de obras audiovisuais que cumpran dúas das seguintes condicións: presenza das ditas obras en seccións oficiais a concurso de festivais de cine nacionais e/ou internacionais de recoñecido presitixio; obtención de premios audiovisuais de ámbito autonómico, nacional ou internacional; distribución e exhibición nacional ou internacional; vendas internacionais; repercusión en televisións dos ámbitos autonómico, nacional ou internacional. No caso de produtoras de recente creación, terase en consideración a experiencia do produtor executivo. No caso de que as obras sexan curtametraxes, a puntuación reducirase á metade, contabilizando un máximo de 4 producións.

2 puntos por cada obra cun máximo de 10 puntos

3. Deseño da produción: terase en conta o grao de definición dos aspectos visuais e espaciais que se recrearán na produción como escenarios, referencias temporais, sociais e culturais, aderezos, ou todos aqueles elementos que contribúan á ambientación da obra audiovisual.

Valorarase a súa incidencia nos custes do proxecto,

con un máximo de

5 puntos, asignados proporcionalmente ao

grao de definición

4. Estratexia de difusión e márketing. Teranse en conta o potencial do proxecto para a súa promoción e comercialización nacional e internacional, as accións deseñadas, o seu grao de desenvolvemento e a súa coherencia co proxecto presentado. Tamén se valorará o posible interese de distribuidoras e axencias de venda.

Máximo 10 puntos, en proporción aos criterios acreditados na estratexia

MODALIDADES B, E3-ANIMACIÓN: LONGAMETRAXES PARA CINE E MINISERIES PARA TV

MÁXIMO 150 PUNTOS

A) Calidade do proxecto

Máximo 40 puntos

1. Calidade e interese da proposta. Valoraranse a idea central e a orixinalidade do argumento, a definición do público obxectivo, o potencial de difusión e comercialización e a súa contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do director, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada.

Máximo 20 puntos que se outorgarán en proporción á concorrencia dos aspectos citados

2. Guión. Valorarase a creatividade, o valor artístico, a liña editorial, a estrutura e a narrativa. Teranse en conta tamén os traballos previos en canto a análise, diálogos e demais tarefas propias do desenvolvemento do proxecto de animación ata a data de presentación da solicitude.

Máximo 15 puntos que se outorgarán proporcionalmente ao desenvolvemento acadado

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou a escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic e teñan a contía aboada no momento de presentar a solicitude:

5 puntos

B) Contribución cultural

Máximo 20 puntos

1. Lingua orixinal de rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto de diálogos ou narración na primeira sonorización da obra):

Máximo 10 puntos

a) Do 50 % ao 60 % en galego

4 puntos

b) Do 61 % ao 75 % en galego

6 puntos

c) Do 76 % ao 90 % en galego

8 puntos

d) Do 91 % ao 100 % en galego

10 puntos

2. Interese cultural da proposta. Valoraranse os seguintes aspectos: a contribución do proxecto ao enriquecemento da cultura audiovisual galega; a posta en valor do talento creativo e artístico galego; estar baseado nunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega; que a trama narrativa verse sobre personaxes reais ou de ficción residentes en Galicia ou na Unión Europea; que aborde temas referidos á realidade cultural, social ou política de Galicia ou da Unión Europea; que a acción se desenvolva en Galicia ou na Unión Europea ou que utilice o patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego ou de calquera outro territorio da Unión Europea.

10 puntos para aqueles proxectos que cumpran 2 dos aspectos mencionados

C) Contribución ao desenvolvemento do sector da animación galego

Máximo 50 puntos

1. Utilización de estudios principais de animación que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia:

Máximo 20 puntos

60 % de estudios principais

14 puntos

Do 61 % ao 75 % de estudios principais

16 puntos

Do 76 % ao 90 % de estudios principais

18 puntos

Do 91 ao 100 % de estudios principais

20 puntos

2. Utilización de estudios auxiliares e de posprodución que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

2 puntos por empresa cun máximo de 6 puntos

3. Equipo creativo vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a autoría sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis de dúas funcións:

Máximo 18 puntos

1. Director

4 puntos

2. Guionista

3 puntos

3. Produtor exectutivo

2 puntos

4. Deseñador de personaxes e fondos

3 puntos

5. Compositor da B.S.O.

2 puntos

6. Montador

2 puntos

7. Outros

2 puntos (1 punto por cada membro adicional)

4. Director novel (primeira ou segunda película)

2 puntos

5. Dirección integramente a cargo dunha muller

2 puntos

6. Porcentaxe de mulleres no equipo creativo (excluíndo dirección) superior ao 50 %

2 puntos

D) Viabilidade económica e industrial

Máximo 40 puntos

1. Viabilidade económica e coherencia do plan de financiamento con respecto á memoria do proxecto presentada. Porcentaxe de financiamento acreditado mediante documentación xustificativa de: dereitos a recibir axudas ou subvencións, contratos ou cartas de interese relativos á explotación da obra nos que se detallen as cantidades económicas (coprodución, cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Só se valorará unha porcentaxe máxima do 10 % como achega de fondos propios no caso das longametraxes de animación (modalidade B):

Máximo 15 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

2. Solvencia técnica da produtora solicitante. Terase en conta o número de obras audiovisuais que cumpran dúas das seguintes condicións: presenza das ditas obras en seccións oficiais a concurso de festivais de cine nacionais e/ou internacionais de recoñecido prestixio; obtención de premios audiovisuais de ámbito autonómico, nacional ou internacional; distribución e exhibición nacional ou internacional; vendas internacionais; repercusión en televisións dos ámbitos autonómico, nacional ou internacional. No caso de produtoras de recente creación terase en consideración a experiencia do produtor executivo. No caso de que as obras sexan curtametraxes a puntuación reducirase á metade, contabilizando un máximo de 4 producións.

2 puntos por cada obra cun máximo de 10 puntos

3. Deseño da produción: terase en conta o grao de definición dos aspectos visuais e espaciais que se recrearán na produción, o tipo de animación e todos aqueles elementos que contribúan á ambientación da obra audiovisual. Valorarase a súa incidencia nos custos do proxecto.

Valorarase a súa incidencia nos custos do proxecto,

con un máximo de

5 puntos, asignados proporcionalmente ao

grao de definición

4. Estratexia de difusión e márketing. Teranse en conta o potencial do proxecto para a súa promoción e comercialización nacional e internacional, as accións deseñadas, o seu grao de desenvolvemento e a súa coherencia co proxecto presentado. Tamén se valorará o posible interese de distribuidoras e axencias de venda.

Máximo 10 puntos, en proporción aos criterios acreditados na estratexia

MODALIDADE D–CURTAMETRAXES DE FICCIÓN, ANIMACIÓN E DOCUMENTAL

MÁXIMO 66 PUNTOS

A) Calidade do proxecto

Máximo 20 puntos

1. Calidade e interese da proposta. Valoraranse a idea central, a orixinalidade e a creatividade do proxecto.

Máximo 15 puntos que se outorgarán en proporción á concorrencia dos aspectos citados

2. Grao de elaboración e desenvolvemento do proxecto.

Ata 5 puntos

B) Contribución cultural

Máximo 10 puntos

1. Interese cultural da proposta. Valoraranse os seguintes aspectos: a contribución do proxecto ao enriquecemento da cultura audiovisual galega; a posta en valor do talento creativo e artístico galego; estar baseado nunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega; que a trama narrativa verse sobre personaxes reais ou de ficción residentes en Galicia ou na Unión Europea; que aborde temas referidos á realidade cultural, social ou política de Galicia ou da Unión Europea; que a acción se desenvolva en Galicia ou na Unión Europea ou que utilice o patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego ou de calquera outro territorio da Unión Europea.

10 puntos para aqueles proxectos que cumpran 2 dos aspectos mencionados

C) Impulso da cinematografía galega e do seu sector audiovisual

Máximo 26 puntos

1. 100 % de rodaxe en Galicia (ficción, documental)

100 % de utilización de estudios galegos (animación)

10 puntos

2. Equipo creativo vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a autoría sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis de dúas funcións:

Máximo 10 puntos

1. Dirección

3 puntos

2. Guionista

2 puntos

3. Deseñador de personaxes e fondos (animación)

2 puntos

4. Compositor da B.S.O.

1 punto

5. Director de fotografía

1 punto

6. Montador

1 punto

3. Director novel (primeira ou segunda curtametraxe)

2 puntos

4. Dirección integramente a cargo dunha muller

2 puntos

5. Porcentaxe de mulleres no equipo creativo (excluíndo dirección) superior ao 50 %

2 puntos

D) Viabilidade

MÁXIMO 10 PUNTOS

1. Coherencia entre o orzamento e o proxecto

Ata 5 puntos

2. Máis do 20 % de financiamento acreditado

5 puntos

2. Establécense as seguintes puntuacións mínimas para cada un dos bloques de puntuación, segundo as distintas modalidades de subvención:

A. Calidade do proxecto

B. Contribución cultural

C. Impulso cinematografía galega e promoción do talento galego

D. Viabilidade económica e industrial

Modalidade A1

20

10

25

10

Modalidades A2 / E1

20

10

25

20

Modalidades C / E2

15

10

20

20

Modalidades B / E3

20

10

25

20

Modalidade D

10

10

13

5

Décimo terceira. Resolución da convocatoria

1. Unha vez cumprido o disposto nas cláusulas anteriores, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida e do informe da comisión avaliadora, ditará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia da Agadic.

2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do consello reitor (disposición adicional do acordo coa data do 24 de xullo de 2012 (DOG núm. 164) deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución. A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública, será motivada e fará mención expresa dos beneficiarios, da contía da axuda e dunha desestimación xeneralizada do resto dos proxectos solicitantes.

3. A súa notificación ás persoas adxudicatarias da subvención cursarase no prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da súa adopción. Transcorrido o prazo máximo previsto para resolver o procedemento sen que se dite ou publique resolución expresa, poderase entender que esta é desestimatoria por silencio administrativo da solicitude de concesión da subvención.

4. A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

A) Recurso potestativo de reposición ante a presidencia do Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta é expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

B) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Xuperior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta é expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

5. Unha vez notificada a resolución, os beneficiarios comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

Décimo cuarta. Pagamento e xustificación

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos á conta.

2. A Agadic, consonte as previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia, e 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderá aboar como pagamento anticipado –que suporá entregas de fondos con carácter previo á xustificación como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, e logo da presentación de certificación do inicio dos traballos, e da declaración de axudas do anexo II– o importe da anualidade 2015, sempre que non supere o 50 % do importe total concedido. Así mesmo, nas modalidades de carácter trianual, na anualidade 2016 poderá solicitarse o pagamento anticipado, sempre que, sumado ao concedido na anualidade 2015, non supere o 50 % do importe total concedido, logo da presentación da declaración de axudas do anexo II e dunha memoria de estado de situación dos traballos de produción.

3. Os beneficiarios que reciban pagamentos anticipados, cando estes excedan a cantidade de 18.000 euros, deberán constituír unha garantía, mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá cubrir o 110 % do importe do anticipo, e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación. Quedan exonerados da constitución de garantía os beneficiarios e nos casos establecidos no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O prazo de xustificación da subvención rematará o 15 de xullo de 2016 para a modalidade de curtametraxes (modalidade D), e o 15 de setembro de 2017 para o resto das modalidades. Transcorrido este prazo sen que se presente a xustificación ante á Agadic, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

5. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto o beneficiario non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, estando autorizada a Agadic para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos.

6. Sen prexuízo das obrigas dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o que foron concedidos. As producións subvencionadas deberán axustarse fielmente ao proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto deberá ser autorizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais, e non poderá afectar aspectos avaliados pola Comisión.

7. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos (anexo II).

Décimo quinta. Obrigas dos beneficiarios

O beneficiario deberá cumprir as seguintes obrigas:

1. Os beneficiarios deberanlle comunicar á Agadic as datas de inicio e finalización da rodaxe ou gravación da produción subvencionada, que deberán estar comprendidas dentro do período subvencionable, así como a da súa estrea.

2. As empresas produtoras estarán obrigadas a incorporar á produción un mínimo de tres alumnos ou graduados nos tres últimos anos en centros de estudos audiovisuais, regrados ou universitarios, en réxime de prácticas ou contratados laboralmente nas áreas da produción audiovisual: dirección, son, fotografía, produción, posprodución ou dirección artística, salvo nos equipos de produción de documentais (modalidades C e E2) que estarán obrigadas a incorporar un mínimo dun alumno, e nas curtametraxes (modalidade D), nos que non será exixible. Deberá remitirse copia da documentación acreditativa dos contratos ou das prácticas coa xustificación da subvención.

3. Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: «coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais», de conformidade coa normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Así mesmo, en todos os materiais de promoción, distribución e publicidade da obra (carteis, músicas, portadas ou outros materiais), farase constar que a produción foi subvencionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

4. Entregar unha copia en perfecto estado na versión orixinal da película, xunto cunha copia en versión galega no caso de que esta non sexa a lingua de rodaxe orixinal, no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), unidade adscrita á Agadic, como «filmoteca oficialmente recoñecida pola Xunta de Galicia como arquivo fílmico que exerce as funcións de recuperación, investigación e conservación do patrimonio cinematográfico correspondente», nos seguintes formatos:

– Modalidades A1, A2, B e C: copia 35 mm no caso de que a produción teña orixe fotoquímica ou DCP no caso de produción de cine dixital, neste caso o DCP terá que cumprir a normativa DCI e non ter KDM (aberto).

– Modalidades D, E1, E2, E3: cinta Betacam dixital para producións en resolución PAL, cinta HDCam/HDCam SR e Blu-ray para producións en alta resolución.

Se a produción está totalmente gravada en dixital entregarase unha copia no formato e no soporte de máis alta calidade na produción. Para unha calidade de 2K ou superiores entregarase un disco duro co máis alto ratio de imaxe e sentido de compresión en arquivos .DPX ou .TIFF (polas imaxes) e .WAV ou .AIFF (para o son). Para calidades superiores á resolución PAL (720×576) entregarase cinta HDCam ou HDCam SR.

Considerarase alta definición calquera resolución superior a resolución PAL (720×576).

A copia depositada en cumprimento desta obrigación non poderá ser retirada, nin transferida para o depósito noutras institucións para o cumprimento doutras obrigacións de depósito que aquelas puidesen impoñer.

Ademais, en calquera das modalidades será obrigatoria a entrega a maiores dunha copia en DVD que acompañará á documentación xustificativa da subvención que se entregue na Agadic.

Para os efectos de comprobación do resultado final, o CGAI revisará se todas estas entregas corresponden á versión íntegra, orixinal e definitiva das producións.

5. Así mesmo, estarán obrigados a facilitarlle á Agadic copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (guión definitivo, carteis, fotografías, músicas, portadas e outros materiais similares).

6. Someterse ás actuacións de comprobación, control e inspección que efectúe o órgano concedente e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou a outros órganos da administración estatal ou da Unión Europea, aos cales se facilitará canta información lles sexa requirida para este efecto, todo isto de conformidade co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e demais normativa regulamentaria de desenvolvemento, e conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control e de conformidade co procedemento recollido nos artigos 23 e concordantes da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

7. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos (anexo II).

Décimo sexta. Gastos subvencionables

1. Considérase investimento subvencionable imputable ao proxecto o custo da película considerando a suma dos gastos efectuados pola empresa ata a consecución da copia estándar ou máster dixital definido no artigo 3 da Orde CUL/2834/2009, de 19 de outubro, pola que se ditan normas de aplicación do Real decreto 2062/2008, do 12 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.

2. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á realización do proxecto. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data da presentación da solicitude e a fin da data de xustificación establecida na presente convocatoria.

3. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais.

Décimo sétima. Conta xustificativa

1. A conta xustificativa deberá incluír declaración das actividades realizadas que foron financiadas coa subvención e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos producidos. Deberase acreditar, así mesmo, na conta xustificativa o cumprimento de todas as obrigas da cláusula décimo quinta.

2. Con carácter xeral, deberase acreditar o custo final mediante unha conta xustificativa acompañada dun informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas. O auditor de contas levará a cabo a revisión do grao de gasto correspondente a traballos efectuados por persoas físicas ou xurídicas domiciliadas ou con sede permanente en Galicia, así como a revisión do gasto subvencionable, de acordo co establecido nas presentes bases, e de acordo coas normas de procedemento previstas na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, unha vez estudados os rexistros contables da empresa produtora debidamente dilixenciados.

O devandito informe deberá conter a descrición do alcance do traballo realizado, referencia aos procedementos efectuados ou descrición deles nun anexo, conclusión do auditor indicando que o estado de custos da película se preparou segundo o establecido nesta resolución, nome do auditor, sinatura e data.

3. Na realización do informe de auditoría deberá facerse indicación específica das seguintes cuestións:

a) No que se refire aos custos de persoal, a análise dos conceptos deberá comprender a totalidade dos gastos que deban ser cubertos de conformidade coa lexislación vixente, comprobando, en especial:

1º Contratos laborais formalizados pola empresa produtora cos autores, actores e outros artistas, persoal creativo e demais persoal técnico en que se reflictan os salarios, así como os documentos onde consten as horas extraordinarias e outros conceptos retributivos salariais e extrasalariais, de conformidade coa normativa laboral aplicable, e a retribución que, se é o caso, correspondese, así como as nóminas referentes aos devanditos contratos e os documentos acreditativos da identidade das persoas a que se refiren.

2º Contratos mercantís formalizados entre a empresa produtora e o persoal autónomo, ou aqueles en que se fundamente a participación na película de actores ou outros artistas, así como as facturas relativas a tales contratos.

3º Contratos relativos á adquisición dos dereitos que sexan necesarios para a realización da película, así como as facturas relativas aos devanditos contratos.

b) Situación relativa ao pagamento de todas as partidas que compoñen o custo da película, con indicación expresa de que os custos que se consideran subvencionables foron efectivamente pagados pola empresa produtora aos acredores.

c) Situación relativa á presentación da declaración das facturas ante a Facenda Pública, nos casos en que así o exixa a súa normativa específica.

d) Coincidencias ou contradicións entre as bases declaradas en materia de impostos e Seguridade Social e as rexistradas contablemente.

e) Liquidación e pagamento de impostos devindicados durante o tempo de rodaxe, detallando o importe bruto das cantidades derivadas dos contratos sobre as que non se practicaron retencións, así como o motivo de tales circunstancias.

f) Situación relativa ás pólizas de préstamo para a realización da película, con indicación de se os xuros corresponden ao tipo pactado e ao período de vixencia da póliza.

g) Indicación das subvencións percibidas e das achegas realizadas por calquera Administración, entidade ou empresa de titularidade pública, así como das efectuadas en concepto de coprodutor ou de produtor asociado, ou a través de calquera outra achega financeira, por sociedades prestadoras de servizo de radiodifusión ou emisión televisiva, para o proxecto subvencionado, con indicación expresa do cumprimento dos límites máximos de subvencións.

h) Indicación das partidas facturadas mediante subcontratación por empresas alleas ou vinculadas á empresa produtora da película.

4. Nos casos en que o beneficiario estea obrigado a auditar as súas contas anuais por un auditor sometido á Lei 19/1988, do 12 de xullo, de auditoría de contas, a revisión da conta xustificativa levaraa a cabo o mesmo auditor. Noutro caso, a designación de auditor será realizada polo beneficiario. O beneficiario estará obrigado a poñer á disposición do auditor de contas cantos libros, rexistros e documentos lle sexan exixibles en aplicación do disposto na letra f) do artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia, así como a conservalos co obxecto das actuacións de comprobación e control previstas na lei.

5. No suposto de que o proxecto o realicen varias empresas coprodutoras, o informe de auditoría abarcará os custos subvencionables da totalidade do proxecto, con excepción do custo das empresas coprodutoras estranxeiras.

6. Ademais do informe de auditoría, o beneficiario entregará:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica abreviada, xustificativa do custo das actividades realizadas, que incluirá unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. No caso de que a subvención se outorgue de acordo cun orzamento, indicaranse as desviacións producidas.

c) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e da súa procedencia.

d) Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario.

7. O beneficiario deberá xustificar o gasto dun mínimo do 120 % do importe da axuda recibida no pagamento de bens ou servizos prestados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sen que se exixa un nivel superior ao 70 % do gasto total da produción global.

8. No caso das curtametraxes (modalidade D) e dos documentais (modalidades C e E2), os beneficiarios poderán optar entre a xustificación establecida nos puntos anteriores, ou unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

1. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2. Unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

a) Relación numerada e ordenada por capítulos de gastos da actividade, por anualidades, que inclúan o número de documento, identificación do acredor, o importe e a data de emisión, a data de pagamento, a suma parcial (folla por folla) e a suma do total da relación de gastos, excluído o IVE. Deberán indicarse as desviacións producidas sobre o orzamento presentado.

b) Facturas ou documentos (de acordo co establecido no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación (BOE núm. 289, do 1 de decembro) orixinais ou compulsados, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento, orixinais ou compulsados, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior. Non se terán en conta os pagamentos en efectivo. En concreto, entregarase, como mínimo, a seguinte documentación:

1. Os contratos laborais, mercantís e relativos á adquisición de dereitos.

2. Xustificantes do ingreso na Facenda Pública das cantidades retidas á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondentes aos contratos formalizados, de acordo coas porcentaxes de retención legalmente establecidos, así como, se é o caso, os xustificantes do pagamento das cotas da Seguridade Social correspondentes aos devanditos contratos.

3. Facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa e, se é o caso, contratos, que acrediten os custos de servizos, subministracións e calquera outra prestación que non sexa de persoal contratado directamente pola empresa produtora, así como o xustificante de efectuar a declaración das facturas ante a Facenda Pública nos casos en que así o exixa a súa normativa específica.

4. Billetes, facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, xustificativos dos gastos de viaxes e desprazamentos.

5. Contrato específico subscrito entre a empresa produtora e o produtor executivo, así como a nómina referente ao devandito contrato e documento acreditativo da identidade da persoa a que se refire. No caso de existir contrato mercantil, achegarase o contrato e a factura correspondente.

c) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

d) Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3º da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario.

10. Así mesmo, antes de cada un dos pagamentos, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para un mesmo proxecto, tanto das aprobadas como das pendentes de resolución, das diferentes administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, de acordo coa resolución do Consello de Contas do 30 de novembro de 1999, na cal se establece o mecanismo de seguimento e control de concorrencia e acumulación de axudas públicas (anexo II).

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non existan no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

Décimo oitava. Modificación, revogación e reintegro

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e, en todo caso, a obtención concorrente doutras subvencións, axudas ou recursos –ou doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras–, poderá dar lugar á modificación da resolución inicial de concesión e, eventualmente, á súa revogación nos termos establecidos na súa normativa reguladora. En tal caso, a Agadic poderá proceder á reclamación e conseguinte reintegro, total ou parcial, da suma concedida á compañía adxudicataria nos termos anteriormente estipulados.

A distribución de anualidades adxudicadas poderá modificarse, logo de solicitude do beneficiario en que motive suficientemente a alteración, atendendo ás dispoñibilidades orzamentarias, e mediante resolución motivada do director da Agadic. A modificación da repartición entre anualidades exixirá a tramitación da correspondente modificación do expediente de gasto, de acordo co establecido no artigo 35 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Procederá a nulidade e revogación das subvencións concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos de incumprimento das obrigas anteriormente sinaladas, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

O reintegro do importe percibido, cando proceda, rexerase polo procedemento establecido no artigo 38 e no título VI da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file