Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20671

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de revogación da delegación do Concello de Mos en materia de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de abril de 2015, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a revogación da delegación na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión da taxa por recollida de lixo, aprobada polo Pleno do Concello de Mos na sesión que tivo lugar o 27 de xaneiro de 2015.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 27 de abril de 2015

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra