Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20670

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública sobre a solicitude de licenza para granxa avícola.

Julio Giráldez Amil solicitou desta alcaldía licenza municipal para actividade de granxa avícola, que se vai situar no lugar do Eido Vello, nº 7, parroquia de Ribadetea, neste municipio de Ponteareas, e cumprindo o disposto no artigo 8.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Ponteareas, 30 de abril de 2015

Salvador González Solla
Alcalde