Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2015/029-1).

Número de expediente: IN407A 2015/029-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: subestación Vimianzo e ampliación de 2 liñas de 66 kV.

Concello: Vimianzo.

Características técnicas:

Instalación e posta en servizo de dúas posicións de liña de 66 kV. As novas posicións 612 L/Muxía 1 e 613 L/Muxía 2 serán dous módulos híbridos de liña PASS M00 de ABB, con acometida en subterráneo.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro de 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 29 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña