Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2015/115-1).

Núm. de expediente: IN407A 2015/115-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación:LMTS, CTC e RBT Cornide-Prismos.

Concello: Fene.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,908 km, coa orixe en apoio existente s/n da LMT VDC-704 (expediente 308/98), tramo da derivada ao CT Campanario (expediente 308/98), condutor tipo RHZ1-20L-12/20 kV 1×240 mm2 AL, e final centro de transformación Cornide (proxectado).

Centro de transformación prefabricado Cornide, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Saídas rede de baixa tensión do CT Cornide (proxectado), cunha lonxitude de 0,104 km, coa orixe no CT Cornide (proxectado), en condutor XZ1.

Rede de baixa tensión aérea do CT Cornide (proxectado), coa orixe en apoio existente nº 3, cunha lonxitude de 0,206 km, en condutor RZ, e final no apoio nº 32 existente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro de 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 30 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña