Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novos servizos na canle das comunidades no exterior (galiciaaberta.com), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 59/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de novos servizos na canle Galiciaaberta e dinamización das canles de colaboración e sociais do devandito portal.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 26.1.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 103.455,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 103.455,00 €, máis 21.725,55 € que corresponden ao IVE (21%), o que supón un total de 125.180,55 € (cento vinte e cinco mil cento oitenta euros con cincuenta e cinco céntimos).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14.4.2015.

b) Data de formalización do contrato: 8.5.2015.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación: 87.626,39 € (IVE ao 21 % engadido).

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia