Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación a través dun acordo marco cun único empresario para a prestación do servizo, da estratexia e compra de medios para a campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia durante 2015, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, suxeito a regulación harmonizada, mediante tramitación anticipada, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.32).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 7 de xaneiro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo da extratexia e compra de medios para a campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia durante 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 2.550.743,80 euros, IVA excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 1 de abril de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 22 de abril de 2015.

c) Adxudicatario: Avante Marketing y Medios, S.L.

d) Importe de adxudicación: con base nos seguintes prezos unitarios:

Medio

Concepto

Importe sen IVE (10)

TV España

Spot 20” en TV nacional para PyB +16

1.100,00 €

TVG

Spot 20” en TVG para Galicia +16

100,00 €

Outras TV Galicia

Spot 20” en outras cadeas de Galicia

50,00 €

Prensa España

Páxina cor impar para España +14

17,00 €

Prensa España

Media páxina cor impar para España +14

10,30 €

Prensa Galicia

Páxina cor impar para Galicia +14

24,00 €

Prensa Galicia

Media páxina cor impar para Galicia +14

12,40 €

Radio España

Cuña 20” de para España +14

3,25 €

Radio Galicia

Cuña 20” de para Galicia +14

3,45 €

Revistas e SSDD

Páxina cor impar + 14 España

10,00 €

Prensa on line

Banner de vídeo 300×300 en portada

9,50 €

Prensa on line

Banner gráfico animado 300×300 en portada

7,50 €

Exterior: Valos

Valo/mes 3×8 m fixación e produción incluídas

145 €

Comisión e axencia por tramitación de medios nacionais:

0 €

Comisión de axencia por tramitación de medios internacionais:

3 %

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa (prezos unitarios: prezo/palabra) ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Agencia Turismo de Galicia