Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 21003

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de contratación dos servizos de xestión integral da execución dos servizos complementarios precisos para a execución da programación cultural e de actividades.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: prestación da xestión integral dos servizos que requira o IMCE para o desenvolvemento da programación cultural, de actividades e de festas nas distintas instalacións que xestiona o IMCE (Teatro Rosalía Castro, Coliseum, algunhas dependencias do Fórum Metropolitano e do Ágora) e noutros espazos, como a vía pública ou o Pazo da Ópera (neste espazo de forma ocasional, en todo caso cun tope máximo anual de 54 días) (véxanse pregos reguladores do contrato).

3. Prezo do contrato: contía máxima anual: 780.108,18 €, IVE incluído. Valor estimado do contrato: 3.094.644,00 € (IVE non incluído), tendo en conta a súa duración, as posibles prórrogas e as modificacións deste.

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogables antes da súa finalización por períodos máximos dun ano, para cada prórroga, ata un máximo de catro anos, incluído o período inicial e as prórrogas, por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avda. A Mariña 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante: www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: imce@coruna.es.

10. Solvencia: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios de adxudicación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Presentación de proposicións: prazo de 20 días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña; finaliza ás 13.30 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que deben presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avda. A Mariña 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil do contratante: www.coruna.es.

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 27 de abril de 2015

P.D. (Decreto 20.6.2011)
Ana María Fernández Gómez
Vicepresidenta do Instituto Municipal Coruña Espectáculos