Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 21002

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación do arrendamento dunha parcela de titulatidade municipal no polígono industrial A Granxa.

Por acordo do Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 5.5.2015, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño.

2. Obxecto do contrato: dereito de arrendamento dunha parcela de titularidade municipal de 130 m2 no polígono da Granxa.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 771,81 €, IVE non incluído, mellorables á alza.

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 14 de maio de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde