Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Celanova (expediente IN407A 2015/36-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: LMT, CT avda. López Blanco, 20.

Situación: Celanova.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 337 m, con condutor RHZ1-12/20 kV-3×240 AL e orixe na LMTS ao CT Venezuela, 2 (32CGZ8) e remate na LMTS ao CT López Blanco, 33 (32CGR7).

CT non prefabricado manobra exterior avda. López Blanco, 20 de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 44.573,39 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 27 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense