Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Castro Caldelas (expediente IN407A 2015/37-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMT REG 801-Castro Caldelas.

Situación: Castro Caldelas.

Características técnicas:

– LMT aérea a 20 kV de 221 m, con condutor LA 110/116,2 mm2 e orixe no poste proxectado CH-1000-13P da LMT RG801 e remate no poste proxectado CH-1000-15P da mesma LMT.

– LMT aérea a 20 kV de 12 m, con condutor LA 56/54,6 mm2 e orixe no poste proxectado CH-1000-15P da LMT REG 801 e remate na LMT particular C-1000-12.

Orzamento: 16.535,33 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 28 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense