Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2014/168-1).

Expediente: IN407A 2014/168-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS CT RBT Arcebispo.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas:

– LMT subterránea a CT Arcebispo, a 20 kV, cunha lonxitude de 964 m, coa orixe en paso aéreo-subterráneo proxectado no apoio de formigón existente do CT Devesa-Xobre (expediente 27.254) condutor tipo, RHZ1 2OL-12/20 kV 1×240 Al e final no CT Arcebispo (proxectado).

– Centro de transformación prefabricado Arcebispo, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir co Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 21 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2014/168-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS CT RBT Arcebispo.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Núm.

m2

1

Lugar de Outeiro

Prado

Descoñecido

Centro transformación + acceso

31.16