Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24788

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de información pública sobre o informe de idoneidade para uso público da illa de Vilanova.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 5 de maio de 2015, acordou darlle conformidade ao informe de idoneidade para uso público da illa de Vilanova, subscrito polo arquitecto Xosé Lois López Otero. A decisión municipal de adquirir a dita propiedade inclúe o acordo de expropiar a súa metade indivisa.

Para os efectos de cumprir co previsto na Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e co seu regulamento, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, sométese a información pública a relación de bens e dereitos que se consideran de necesaria ocupación.

Destino: integración da Illa no proxecto global de paseo fluvial entre Ribas Altas e Piñeira, dando continuidade ás actuacións que neste sentido se realizaron e se están levando a cabo na actualidade.

Relación de bens e dereitos:

– Titular: Dolores Sierra Mosquera.

– Superficie que se vai expropiar: o 50 % indiviso dos 9.500 metros cadrados de superficie da illa.

– Valor: 3.648,00 €.

Durante o prazo de vinte días, contados desde a última inserción cronolóxica deste anuncio nas publicacións que logo se dirán, poderán formularse as alegacións que se consideren oportunas sobre a procedencia da ocupación ou disposición dos bens e o seu estado material ou legal. Publicación no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, en La Voz de Galicia e El Progreso.

Monforte de Lemos, 20 de maio de 2015

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde