Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de licitación para a contratación da subministración de equipamento e mellora do Teatro Principal.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Estrada.

2. Obxecto do contrato.

a) Obxecto: adquisición de butacas, luminarias para o Teatro Principal e pintado e repaso en paramentos interiores.

b) Lugar de execución: edificio Teatro Principal.

c) Duración: o prazo de entrega e instalación será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os previstos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) 117.344,54 euros (IVE incluído), que se distribúe do seguinte xeito:

– Iluminación: 12.984,10 euros.

– Pintura: 3.820,10 euros.

– Mobiliario: 80.174,16 euros.

(A estas cantidades hai que engadirlle o IVE correspondente).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso, de acordo co establecido no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non se prevén.

7. Obtención de documentación e información.

Tanto a memoria como o prego de prescricións técnicas e o de cláusulas administrativas particulares están á disposición dos interesados no perfil do contratante da páxina web do Concello da Estrada (www.aestrada.com).

A información relativa aos pregos de cláusulas administrativas particulares poderá obterse na Secretaría do Concello.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no último diario oficial en que se faga (BOP ou DOG). Se o último día de prazo coincidir en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

9. Lugar de presentación de documentación.

a) Entidade: Rexistro Xeral do Concello da Estrada.

b) Enderezo: praza da Constitución, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Estrada 36680.

d) Teléfono: 986 57 01 65.

e) Fax: 986 57 02 33.

10. Apertura de ofertas.

O día e a hora da apertura pública das ofertas será anunciado previamente polo Concello mediante publicación de anuncio no perfil do contratante.

11. Gastos do expediente.

Sen prexuízo doutros que lle puidesen corresponder, serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación que puidese xerar o procedemento.

A Estrada, 26 de maio de 2015

José C. López Campos
Alcalde en funcións