Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria e publicación urxente, para a contratación do servizo de operación, mantemento e mellora continua do campus multimedia desta universidade (expediente 313/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: 15.7.2015.

d) Número de expediente: 313/15.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de operación, mantemento e mellora continua do campus multimedia da Universidade de Vigo.

c) Lugar de execución/entrega: por defecto, o servizo prestarase nas instalación da contrata, sen prexuízo da necesidade de que nas actuacións que polas súas características especiais así o demanden (gravación de clases, conferencias, etc.) o adxudicatario deba acceder fisicamente aos lugares de realización nas aulas, seminarios ou instalacións da Universidade de Vigo.

d) Prazo de execución: un ano a partir do 1 de agosto de 2015, ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, prorrogable por outro máis (polo total ou por parte das actuacións). A prórroga do contrato queda condicionada a dispoñibilidade orzamentaria nos exercicios futuros no Campus do Mar (0000 131HCEX 227.06) e na Vicerreitoría de Economía e Planificación (0000 311V 227.06). En caso de que non exista un crédito total suficiente para a renovación total do contrato poderase prorrogar as actuacións 1.3.1 (no ámbito dos investigadores e docentes da Universidade de Vigo), 1.3.2 e 1.3.3. (Canal Uvigo-TV) por importe correspondente ao 40,68 %, do importe do contrato (IVE incluído).

e) Admisión de prórroga: si.

f) C.P.V.: 72250000-2//92110000-5.

g) C.P.A.: J62.01.11.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 17 da folla de resumo de características.

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Calidade da memoria técnica (xuízo de valor): 50 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 590.000 €.

5. Importe de licitación: 295.000 €. IVE que se soporta: 61.950 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Para os licitadores españois exíxese clasificación da contrata: grupo: T; subgrupo: 04; categoría: B. Grupo: V; subgrupo: 02; categoría: C.

b) Para os licitadores estranxeiros, a solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional será a que se indica, respectivamente, nos puntos 12 e 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares. Para os licitadores españois, no tocante á solvencia técnica e profesional, a que se indica no punto 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos para todos os licitadores: os indicados no punto 14 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 22 de xullo de 2015, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres: A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais-baixo. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais-2 andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente 2.000 €.

11. Outra información de interese: préstamo CEI (Campus Excelencia Internacional).

12. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12.6.2015.

Vigo, 12 de xuño de 2015

P.D. (Resolución 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo