Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25141

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2015 pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2014, do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais, aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

O 27 de febreiro de 2010 publícase no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

O 4 de outubro de 2011 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 20 de setembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

Posteriormente, mediante o Real decreto 1783/2011, do 16 de decembro, modificouse o Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, establecendo unha axuda adicional á prevista neste para os traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego citados, desempregados maiores de cincuenta e dous anos, para os exclusivos efectos de financiar a subscrición dun convenio especial coa Seguridade Social pola perda do nivel de cotización que puideren sufrir tales traballadores como consecuencia da perda de emprego.

Por tanto, para recoller o previsto no Real decreto 1783/2011, do 16 de outubro, modifícase a Orde do 20 de setembro de 2011, para os efectos de regular a dita axuda adicional, modificación realizada pola Orde do 31 de outubro de 2013.

O financiamento do custo da subvención especial e da contía adicional procede de transferencias de fondos do Servizo Público de Emprego Estatal, que se consigna no seu orzamento tal e como establece o artigo 3.2 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro. Así mesmo, no artigo 10 regúlase o procedemento polo que o Servizo Público de Emprego Estatal aboará a cantidade que corresponda a cada comunidade autónoma. Para isto, as comunidades autónomas remitirán ao Sepe as solicitudes de habilitación dos libramentos que consideren necesarios para aboar as subvencións que correspondan aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego antes citados.

O pagamento efectivo da contía asignada á Comunidade Autónoma de Galicia en 2014 para financiar este tipo de axudas produciuse a principios do exercicio 2015, aínda que o Sepe recoñeceu a respectiva obriga a finais de 2014, con cargo aos orzamentos de 2014, segundo Resolución da Dirección Xeral do Servizo Público de Emprego Estatal do 23 de decembro de 2014 pola que se fai efectivo á Comunidade Autónoma de Galicia o libramento dos fondos destinados a financiar, durante o exercicio 2014, as axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo, de 2001 e 25/2001, do 31 de xullo de 2001, reguladas polo Real decreto 1783/2011, do 16 de decembro.

Por tanto, a Comunidade Autónoma de Galicia non puido proceder ao pagamento das axudas establecidas no Real decreto 196/2012, do 26 de febreiro, correspondentes ao exercicio 2014, xa que non foi posible incluír nos orzamentos da Comunidade Autónoma o importe correspondente a estes créditos en canto que non se recibisen as transferencias do Servizo Público de Emprego Estatal.

Coa finalidade de proceder ao pagamento da subvención dos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo, correspondente ao exercicio 2014, procédese a publicar a presente resolución pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2014 nos orzamentos xerais de 2015.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron concedidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Publicidade do crédito para o exercicio 2014

1. O pagamento da subvención especial, así como da cantidade adicional devindicadas no exercicio 2014 aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo, financiarase con cargo aos créditos xerados na aplicación 11.03.322A.480.2, código de proxecto 2013 00 544, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2015, por un importe total de 261.000 euros.

2. En canto ao procedemento de aprobación do gasto e pagamento das axudas establecidas nesta resolución, observarase o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Orde do 20 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo de 2001, modificada pola Orde do 31 de outubro de 2013.

Artigo 2. Prazos de solicitude

O prazo de solicitude destas axudas será o establecido no artigo 9 da Orde do 20 de setembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo, modificada pola Orde do 31 de outubro de 2013.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación