Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27506

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 19 de maio de 2015 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Mediante Resolución do 19 de maio de 2015, do director xeral da Función Pública
(DOG núm. 93, do 20 de maio), convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

A base V da convocatoria, que regula as solicitudes de participación na fase de resultas, establece que o día 22 de xuño se publicarán na páxina web da Xunta de Galicia
(http://funcionpublica.xunta.es) a relación de postos cuxo sistema de provisión sexa o concurso e que estean ocupados con carácter definitivo polos/as concursantes que formalizaron telematicamente solicitude de participación optando a postos relacionados no anexo I da convocatoria.

O prazo para solicitar os ditos postos remata o día 3 de xullo de 2015.

Advertida a omisión dun posto de traballo na relación publicada o día 22 de xuño na páxina web do concurso, procede a súa inclusión e a ampliación do prazo para solicitar ese posto.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública modificada pola Orde do 26 de agosto de 2013, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. Incluír na relación de postos potenciais que se ofertan na fase de resultas o seguinte:

Posto

Código do posto

Nv.

Grupo

Corpo/esc.

Adm. púb.

Denomin. posto

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Conc.

Titulacións requeridas

Formación específ.

Obs.

Puntuación
mínima

3480

PR.B01.00.000.36170.017

25

A1A2C1

Xeral/F.C.S.

A14

Sección A

PR

Academia Galega de Seguridade Pública

Servizos centrais, A Estrada

36170

501

Xornada partida

4.600

A14: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CCAA e forzas e corpos de seguridade do Estado.

Segundo. Ampliar o prazo para solicitar este posto de traballo ata o día 10 de xullo.

A partir do día 4 de xullo, a solicitude deberá realizarse mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública para este único efecto, no cal se indique, de ser o caso, a orde de preferencia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública