En cumprimento do establecido na Orde do 29 de setembro de 2014 pola que se establece o procedemento de selección e nomeamento de persoal interino do corpo de médicos forenses e se convoca a correspondente bolsa, e logo de os interesados neste procedemento interpoñeren diversas reclamacións ás valoracións provisionais e de se resolveren estas, de acordo co establecido no punto 3 da base cuarta do artigo 3 da dita orde
RESOLVO:
1. Aprobar definitivamente a baremación de méritos dos admitidos e acordar a súa publicación no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet de Xustiza.
2. Que as listaxes definitivas da bolsa de interinos entrarán en vigor o día seguinte ao da publicación do anuncio da súa exposición no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante este centro directivo.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza