Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015136TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 28 de maio de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015136TA-CO incoado a David Vázquez Varela.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a David Vázquez Varela o contido de dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 15 de xuño de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015136TA-CO.

Interesado: David Vázquez Varela (Escalon).

DNI/NIF/CIF: 32821993G.

Último enderezo coñecido: Inés de Castro, sn,15005 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: artigo 3.1. Artigo 19.3.q).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 601 €.