Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015142AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 28 de maio de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015142AL-CO incoado a La Croquette, S.C.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a La Croquette, S.C. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbrase o seu dereito para consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 15 de xuño de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015142AL-CO.

Interesada: La Croquette, S.C. (La Croquette).

DNI/NIF/CIF: J70404876.

Último enderezo coñecido: rúa Travesa, 22,15704 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO núm. 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO núm. 204, do 4 agosto de 2007): capítulo II. Artigo 5; anexo II. Capítulo II. 1. b), c), f), capítulo V. Capítulo IX.2.3.

– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001): artigo 6. 2. Artigo 10.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo): artigo 6, artigo 50.1.a), b), d), e), artigo 51. 1. 1º 3º 4º 10º.

– Regulamento (CE) 178/2002, da Comisión do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e fixa procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro de 2002): artigo 18.

– Regulamento (UE) 1169/2011, do 25 de outubro (DO núm. L 304, do 22 de novembro), sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor: capítulo IV, sección 1: artigo 9.

– Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, sobre normas xerais de etiquetaxe, presentación e publicidade de produtos alimenticios (BOE núm. 202, do 24 de agosto): artigo 5.

– Real decreto 126/2015, do 27 de febreiro. Produtos alimenticios. Aproba a norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda por petición do comprador, e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo (BOE núm. 54, do 4 marzo de 2015). Título I: capítulo I, artigo 4.2.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 €.