Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se empraza a interesada no procedemento de segundas adxudicacións de vivendas de promoción pública para o concello de Vilagarcía de Arousa.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal á interesada que se relaciona no anexo, emprázase esta para que compareza no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia nº 7-4º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lle dará conta do acto que se lle intenta notificar.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 18 de xuño de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: procedemento de segundas adxudicacións de vivendas de promoción pública para o concello de Vilagarcía de Arousa.

Nome da interesada: Mariana Baiaram.

Último domicilio coñecido: rúa Matosinhos núm. 14-3º, concello de Vilagarcía de Arousa.

Indicación do contido do acto: requirimento de documentación.