Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO do 1 de xuño de 2015 referente ao acordo sobre a convocatoria e as bases de dous procesos de promoción interna (corpo administrativo e persoal de oficios).

A Xunta de Goberno Local adoptou o Acordo do 13 de abril de 2015 referente á convocatoria e ás bases de dous procesos de promoción interna (corpo administrativo e persoal de oficios).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 94, do 21 de maio de 2015, e número 101, do 1 de xuño de 2015, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer dous procesos de promoción interna das seguintes prazas de persoal laboral e funcionario do Concello de Arteixo:

– Administrativo/a: 23 prazas do grupo C1 (promoción interna, concurso-oposición restrinxido).

– Persoal de oficios: 28 prazas de limpador/a e 12 prazas de peón/peona. Grupo AP (promoción interna, concurso-oposición restrinxido).

As instancias para solicitar participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde-presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 1 de xuño de 2015

P.D. (Decreto 989/2011)
José María Sánchez Novo
Concelleiro de Persoal e Recursos Humanos en funcións