Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para o centro de tratamento de vehículos fóra de uso e outros residuos que Desguaces Armonía, S.L. posúe no polígono industrial das Somozas, As Somozas (clave 2015-IPPC-I-32).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico para solicitude da autorización ambiental integrada de centro de tratamiento de vehículos fóra de uso e outros residuos de Desguaces Armonía, S.L., situado no polígono industrial As Somozas. Revisión 1. Febreiro 2015.

A documentación está composta por dous tomos (memoria, anexos, planos e resumo non técnico), co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-32.

Peticionario: Desguaces Armonía, S.L. (B70406434).

Domicilio social: parque empresarial As Somozas, parcela nº 3, 15565 As Somozas, A Coruña.

Localización da instalación: parque empresarial As Somozas, parcela nº 3, 15565 As Somozas, A Coruña.

Actividade: centro de tratamento para vehículos fóra de uso, valorización intermedia de residuos perigosos de orixe industrial e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos.

Descrición: a empresa situada no polígono industrial ocupa unha extensión de 16.500 m2, dos cales 3.760 m2 están ocupados polas edificacións e o resto dedícase a vías, almacenamento de vehículos para reciclar e para depósito de materiais procedentes do despezamento de vehículos.

A planta conta con autorizacións para o tratamento de vehículos fóra de uso, a valorización intermedia de residuos non perigosos de orixe industrial e o almacenamento de residuos perigosos e non perigosos.