Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos P.O. 4110/2015, interposto por Plataforma Crematorios Non en Pontevedra Leste; P.O. 4113/2015, interposto por Alianza y Barros, S.L., Pompas Fúnebres Pontevedra, S.L. e Tanatorio Las Corrientes, S.L., contra a Orde do 26 de decembro de 2014 de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Pontevedra.

Nesta secretaría xeral recibiuse o escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números P.O. 4110/2015, interposto por Plataforma Crematorios Non en Pontevedra Leste; P.O. 4113/2015, interposto por Alianza y Barros, S.L., Pompas Fúnebres Pontevedra, S.L. e Tanatorio Las Corrientes, S.L., contra a Orde do 26 de decembro de 2014 de aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM de Pontevedra.

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 18 de xuño de 2015.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas