Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 21 de maio de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU-S-10/2015 por infracción en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador nº OU-S-10/2015, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

O interesado poderá recoller a proposta de resolución, así como acceder ao correspondente expediente, mediante comparecencia nas dependencias desta área provincial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, Ourense.

De acordo co artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, contra a presente proposta de resolución poderá, no prazo de 15 días contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que considere conveniente ante a instrutora do procedemento.

Expediente: OU-S-10/2015.

Titular sancionado: Hava Ozbay Celik.

Establecemento: Baram Doner Kebak.

Domicilio: Paxaro, 1, baixo.

Localidade: Ourense.

Proposta de resolución: 27 de abril de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 300 euros.

Ourense, 21 de maio de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe de Área Provincial de Turismo de Ourense