Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de xuño de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 255/2015 no expediente de reposición da legalidade IU2/141/2010, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, en relación co procedemento ordinario número 255/2015, interposto por Bernardo Cabaleiro Santos contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/141/2010, pola que declara ilegalizables e se ordena a demolición das obras executadas no lugar da Telleira, parroquia de Cesantes, concello de Redondela, e a imposición de tres multas coercitivas por incumprimento da orde de demolición, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común –LRXPAC–, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Manuela Crespo Darroza, herdeiros de Peregrina López Ochoa e a Jesús Soto Fernández para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística